Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2015

PRESTACIÓN ECONÓMICA DE PAGAMENTO ÚNICO POR FILLAS E FILLOS MENORES DE 3 ANOS

Imagen
ORDE DO 30 DE DECEMBRO DE 2014 POLA QUE SE ESTABLECEN AS BASES POLAS QUE SE REXERÁ A PRESTACIÓN ECONÓMICA DE `PAGAMENTO ÚNICO POR FILLAS E FILLOS MENORES DE TRES ANOS PARA O ANO 2015
PERSOAS BENEFICIARIAS
1. Poderán ser beneficiarias desta prestación aquelas persoas que teñan fillas ou fillos menores de tres anos o 1 de xaneiro de 2015 (nacidos entre o 2 de xaneiro de 2012 e o 1 de xaneiro de 2015, incluídos) e que, durante o ano 2013, nin elas nin ningunha da persoas que compoñen a unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración polo IRPF correspondente a este período, nin a presentasen de xeito voluntario aínda sen estaren obrigasdas a iso. No caso de fillas ou fillos adoptadas/os ou acollidas/os entre o 31 de  decembro de 2013 e o 31 de decembro de 2014, a prestación concederase durante os tres anos posteriores á data da resolución xudicial ou administrativa que a declare. 2. Nos supostos de nulidade, separación ou divorcio das persoas proxenitoras, o beneficiario ou …