Entradas

Mostrando entradas de julio, 2012

LONDON 2012 OLYMPIC GAMES

Imagen

CONSELLO GALEGO DAS MULLERES

Imagen
DECRETO 157/2012, DO 5 DE XULLO DE 2012, POLO QUE SE DESENVOLVE A LEI 11/2007, DO 27 DE XULLO, GALEGA PARA A PREVENCIÓN E O TRATAMENTO INTEGRAL DA VIOLENCIA DE XÉNERO NO RELATIVO AOS ÓRGANOS CONSULTIVOS DE PARTICIPACIÓN.
CONSELLO GALEGO DAS MULLERES
Natureza, adscrición e fins
É un órgano colexiado e institucional de Galicia, de carácter consultivo, de participación e asesoramento en materia de políticas de igualdade. Estará adscrito ao órgano da Administración xeral da Comunidade Autónoma competente en materia de igualdade. O Consello Galego das Mulleres terá os seguintes fins:
a) Ofrecer unha canle de participación efectiva ás mulleres, a través das asociacións e entidades representativas dos seus intereses, no desenvolvemento e aplicación do dereito á igualdade entre mulleres e homes e  a loita contra a discriminación, recollendo as súas reivindicacións e propostas dirixidas á consecución de tales fins. b) Actuar como interlocutor ante a Administración autonómica e ante calquera inst…

HUMOR: MAITENA

Imagen

PUBLICIDADE SEXISTA: "MULLER TIÑA QUE SER!!"

Imagen

MULLERES SAUDITAS IRÁN POR PRIMEIRA VEZ AOS JO. TODAS AS DELEGACIÓNS TERÁN ASÍ REPRESENTACIÓN FEMININA

Imagen
O Comité Olímpico Internacional confirmou que o equipo de Arabia Saudita en Londres 2012 incluirá por primeira vez a dúas mulleres, a judoca Woodjan Ali Seraj e a atleta Sarah Altar, polo que todos os comités nacionais que participarán nos Xogos terán representación feminina.  Woodjan Ali Seraj (78 quilos) e Sarah Attar (800 metros) foron invitadas polo COI a competir nos Xogos e o Comité Olímpico de Arabia Saudita confirmou a súa presenza antes da conclusión do prazo para facelo, o pasado día 9.  "O COI estivo traballando co Comité Olímpico de Arabia Saudita e estou encantado de comprobar que o noso diálogo continuo chega a bo termo. O COI esforzouse por garantir o balance de xénero nos Xogos e a noticia de hoxe pódese ver como unha evolución", afirmou Jacques Rogge, presidente do COI.  Rogge asegura que a presenza das dúas atletas de Arabia Saudita "é unha noticia moi positiva" e destacou que a súa participación, xunto á das competidoras femininas de Catar e Bru…

FEMITIC 2012

Imagen
Femitic es un concurso de vídeos y fotografías consolidado, ya en su cuarta edición, que fomenta la participación de las mujeres en Internet. La convocatoria para enviar trabajos a la edición de este año 2012 está abierta hasta el 28 de septiembre de 2012.
Lo organizan Dones en Xarxa.
Con el concurso de vídeos y fotos realizados por mujeres Femitic, Dones en Xarxa pretende alcanzar los siguientes objetivos:
* A través de la categoría Mujeres y TICs • Fomentar la creación de contenidos digitales entre las mujeres • Animar a las mujeres para que participen más activamente en Internet y en las redes sociales • Visibilizar a las mujeres en Internet • Disminuir la brecha digital de género •  Fomentar el uso de Internet como un espacio donde promover valores igualitarios y inclusivos entre las y los jóvenes
* A través de la categoría Mujeres y Ámbito Laboral • Denunciar las desigualdades entre mujeres y hombres en el ámbito laboral • Incentivar la formación y la incorporación de la mujer al mercado la…

AXUDAS ECONÓMICAS DESTINADAS A FOMENTAR O ASOCIACIONISMO E A PARTICIPACIÓN DAS MULLERES

Imagen
RESOLUCIÓN DO 3 DE XULLO DE 2012, DA SECRETARÍA XERAL DA IGUALDADE, POLA QUE SE REGULAN AS BASES QUE REXERÁN O PROCEDEMENTO DE CONCESIÓN DE AXUDAS ECONÓMICAS DESTINADAS A FOMENTAR O ASOCIACIONISMO E A PARTICIPACIÓN DAS MULLERES, COFINANCIADAS POLO FSE
OBXECTO E RÉXIME DAS AXUDAS A presente resolución ten por obxecto fixar as bases reguladoras e a convocatoria, para o ano 2012, de axudas económicas en favor das asociacións de mulleres e federacións constituídas por estas, coa finalidade de fortalecer e consolidar o movemento asociativo e potenciar a participación social e a calidade de vida das mulleres galegas, a través das seguintes liñas: a) Liña 1. Consolidación do movemento asociativo, destinada a compensar gastos correntes que orixine o mantemento e funcionamento das asociacións de mulleres e as súas federacións. b) Liña 2. Promoción de hábitos de vida saudables, destinada a compensar gastos correntes e/ou de persoal producidos polo desenvolvemento de programas destinado…

PREMIO WONENBURGER 2012: María Tarsy Carballas

Imagen
A Unidade de Muller e Ciencia, reunida onte en sesión plenaria en Santiago, acordou por unanimidade conceder o premio María Josefa Wonenburger 2012 a María Tarsy Carballas Fernández (Taboada, Lugo, 1934), doutorada en Farmacia e licenciada en Química pola USC. Os membros do pleno,  presidido pola secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, tiveron en conta na designación os méritos da dilatada e prolífica traxectoria da premiada, especializada na investigación edafolóxica para recuperar terreos en zoas afectadas polos incendios.
O acto de entrega do galardón a Tarsy Carballas terá lugar o vindeiro mes de setembro. Nas anteriores edicións foron sucesivamente distinguidas co premio Wonenburger Inmaculada Paz Andrade (Física), Teresa Miras Portugal (Farmacia), María Soledad Soengas (Bioloxía), Carmen Navarro (Medicina) e Ofelia Rey (Historia).
A Unidade de Muller e Ciencia creouse en 2007 cos obxectivos de incrementar a presenza da muller nos ámbitos científico e t…