Entradas

Mostrando entradas de junio, 2013

AXUDAS ANPAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES QUE TEÑAN COMO FIN A CONCILIACIÓN DA VIDA LABORAL E FAMILIAR

Imagen
RESOLUCIÓN DO 14 DE XUÑO DE 2013, DA SECRETARIA XERAL DE IGUALDADE, POLA QUE SE ESTABLECEN AS BASES REGULADORAS PARA A REALIZACIÓN, POLAS ASOCIACIÓNS DE PAIS E NAIS DO ALUMNADO, NOS CENTROS EDUCATIVOS DE GALICIA SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS, DE PROGRAMAS DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES QUE TEÑAN COMO FIN FACILITAR A CONCILIACIÓN DA VIDA FAMILIAR E LABORAL, COFINANCIADAS POLO FONDO SOCIAL EUROPEO. 2013
Entidades beneficiarias
As asociacións de nais e pais de alumnos/as dos centros educativos sostidos con fondos públicos que, con anterioridade ao remate do prazo de presentación de solicitudes, estean legalmente constituídas e inscritas no censo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
As entidades solicitantes deberán cumprir, en todo caso, ademais dos requisitos e obrigas exixidos nos artigos 10 e 11 respectivamente da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, os seguintes:
a) Manter un sistema de contabilidade con codificación adecuad…

O PASO DOS ANOS

Imagen
O fotógrafo Richard Nixon iniciou en 1975 un proxecto no que pretendía mostrar o paso do tempo. Despois de fotografar nunha reunión a súa muller, Bebe Brown, e ás súas tres irmás, Heather, Mimi e Laurie, en 1974, ocorréuselle comezar unha tradición vixente ata o 2012. A serie de imaxes coñecida xa como "As Irmás Brown",  móstranos nunha viaxe ao longo de 37 anos, no que os cambios físicos das protagonistas mostran que o tempo pasa para tod@s e que aquelas mozas entre 15 e 25 anos que pousaron para a primeira fotografía coñeceron o peso da idade. As catro irmás, e as súas individualidades son en todo momento recoñecibles.  A Voz de Galicia 23 de xuño de 2013

AXUDAS DO PROGRAMA EMEGA PARA FOMENTO DO EMPRENDEMENTO FEMININO 2013

Imagen
RESOLUCIÓN DO 10 DE XUÑO DE 2013, DA SECRETARÍA XERAL DA IGUALDADE, POLA QUE SE CONVOCAN PARA O ANO 2013 AS AXUDAS DO PROGRAMA EMEGA PARA FOMENTO DO EMPRENDEMENTO FEMININO, COFINANCIADAS POLO FONDO SOCIAL EUROPEO
OBXECTO
Esta resolución ten por obxecto convocar para o ano 2013, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas do programa Emega para fomento do emprendemento feminino, a través das seguintes liñas:
a) Liña Emprende: programa de axudas económicas a través de primas para estimular a posta en marcha de iniciativas empresariais e a creación de emprego indefinido para mulleres por conta propia e allea.
b) Liña Innova: programa de axudas económicas mediante primas para promover a realización de melloras innovadoras nas empresas lideradas por mulleres que comparten a creación de emprego feminino estable e de calidade e a mellora da competitividade.
c) Liña Activa: programa de axudas económicas a través de primas para favorecer a reactivación e consolidación de empresas lideradas…

COA PATA QUEBRADA

Imagen
O título do documental fai referencia ao refrán "A muller casada e honesta, coa pata quebrada e na casa", que serve a Diego Galán, ex director do Festival de Cine de San Sebastián e crítico do diario "O País", como punto de partida para levar á gran pantalla este ensaio audiovisual sobre a evolución da muller española ao longo do século XX.



CREADORAS. CRISTINA TABOADA

Imagen

RECORDANDO A VALENTINA TERESKHOVA

Imagen
16 de Xuño de 1963: Valentina Tereskhova convértese na primeira muller cosmonauta da historia , ao participar na misión Vostok 6

CHEGA A PENÚLTIMA SELECTIVIDADE

Imagen
AS UNIVERSIDADES GALEGAS OFRECEN 11.667 PRAZAS ÁS/AOS CASI 10.000 ALUMN@S QUE ASPIRAN A ELAS