AXUDAS ANPAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES QUE TEÑAN COMO FIN A CONCILIACIÓN DA VIDA LABORAL E FAMILIAR



RESOLUCIÓN DO 14 DE XUÑO DE 2013, DA SECRETARIA XERAL DE IGUALDADE, POLA QUE SE ESTABLECEN AS BASES REGULADORAS PARA A REALIZACIÓN, POLAS ASOCIACIÓNS DE PAIS E NAIS DO ALUMNADO, NOS CENTROS EDUCATIVOS DE GALICIA SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS, DE PROGRAMAS DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES QUE TEÑAN COMO FIN FACILITAR A CONCILIACIÓN DA VIDA FAMILIAR E LABORAL, COFINANCIADAS POLO FONDO SOCIAL EUROPEO. 2013

Entidades beneficiarias

As asociacións de nais e pais de alumnos/as dos centros educativos sostidos con fondos públicos que, con anterioridade ao remate do prazo de presentación de solicitudes, estean legalmente constituídas e inscritas no censo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

As entidades solicitantes deberán cumprir, en todo caso, ademais dos requisitos e obrigas exixidos nos artigos 10 e 11 respectivamente da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, os seguintes:

a) Manter un sistema de contabilidade con codificación adecuada que permita identificar todas as transaccións realizadas relativas ao proxecto subvencionado e conservar os documentos xustificativos por un período de tres anos a partir do peche do programa operativo FSE Galicia 2007-2013.
b) Facilitarlle ao persoal designado pola Secretaría Xeral de Igualdade, para a verificación do cumprimento do disposto nestas bases, o acceso ás instalacións onde se leven a cabo as accións subvencionadas e a toda a documentación de carácter técnico, administrativo ou contable que teña relación coa subvención concedida.
c) Dar a adecuada publicidade do carácter público do financiamento en todas as actuacións que deriven da execución do proxecto.

Programas  subvencionables

Poderán ser obxecto de subvención a realización de programsa de actividades extraescolares dirixidos ao alumnado de educación infantil, primaria e centros de educación especial, que cumpran os seguintes requisitos:
a) Que contribúan ao desenvolvemento integral do alumnado, reforzando os valores igualitarios, libres de prexuízos e de estereotipos sexistas.
b) Que a programación das actividades se leve a cabo nas dependencias do centro e fóra do horario lectivo, de luns a venres ao longo do curso escolar, e durante unha hora diaria como mínimo. En caso de non acadar esta periodicidade será necesario acreditar a realización doutras actividades que cubran as necesidades de conciliación nos días correspondentes.
c) Que a programación das actividades sexa en horario continuado dende a hora de inicio á hora de remate co fin de evitar baleiros intermedios que dificulten a conciliación.
d) Que as actividades que formen parte do programa se centren en aspectos lúdicos, artísticos, culturais, tecnolóxicos e/ou deportivos.
e) Que cada actividade se dirixa obrigatoriamente a un mínimo de 10 alumnas/os, agás naqueles casos debidamente xustificados, nos cales polas características do contexto ou do centro docente, sexa imposible acadar o mínimo establecido.

 Os programas achegados deberán prever expresamente de que xeito se van a atender as necesidades das nenas e nenos con discapacidade.

Queda expresamente excluído desta convocatoria o servizo de comedor.
DOG nº 118 do 21/06/2013


 

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

MEDIDAS DE PREVENCIÓN PARA FACER FRONTE Á CRISE SANITARIA OCASIONADA POLO COVID-19 EN RELACIÓN COA CHEGADA Á COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA DE PERSOAS PROCEDENTES DOUTROS TERRITORIOS