Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2016

I PLAN DE ACTUACIÓN PARA A IGUALDADE NOS CENTROS EDUCATIVOS DE GALICIA 2016-2020.

Imagen
O I Plan de actuacións para a Igualdade nos centros educativos de Galicia pon a coeducación e a convivencia escolar na axenda da Administración educativa para o período 2016-2020. De acordo co marco legal e coa finalidade de dar resposta aos retos que en materia de igualdade e de prevención de violencia de xénero ten o sistema educativo na actualidade, este I Plan estrutúrase en 6 eixes de actuación subdivididos en obxectivos e medidas de actuación.
Eixe 1. O propósito de este eixe é afondar no modelo coeducativo e introducir a perspectiva de xénero nas súas dinámicas, tendo como obxectivos destacados garantir a integración transversal da incorporación da perspectiva de xénero e do principio de igualdade de oportunidades na documentación organizativa dos centros educativos, visibilizando boas prácticas e intensificando a formación do profesorado para o tratamento da diversidade de xénero e afectivo sexual, entre outros. Estrutúrase en 5 obxectivos e comprende un total de 18 medidas, …

SUBVENCIÓNS ÁS ENTIDADES LOCAIS DE GALICIA PARA A PROMOCIÓN DA IGUALDADE, COFINANCIADAS POLO FONDO SOCIAL EUROPEO.

Imagen
RESOLUCIÓN DO 1 DE SETEMBRO DE 2016, DA SECRETARÍA XERAL DE IGUALDADE, POLA QUE SE ESTABLECEN AS BASES REGULADORAS DAS SUBVENCIÓNS ÁS ENTIDADES LOCAIS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA PARA A PROMOCIÓN DA IGUALDADE, COFINANCIADAS POLO FONDO SOCIAL EUROPEO (FSE) CON CARGO AO PROGRAMA OPERATIVO FSE GALICIA 2014-2020. 2016
Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases reguladoras e proceder á convocatoria no ano 2016 das subvencións ás entidades locais de Galicia, de forma individual ou mediante o sistema de xestión compartida, para o desenvolvemento de programas, actividades, actuacións e medidas para facer efectivo o principio de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, o tratamento integral da violencia de xénero, a conciliación da vida persoal, laboral e familiar, a participación das mulleres na vida política, económica, social e cultural; así como para consolidar o funcionamento de servizos de atención integral de información e asesoramento ás mulleres no territorio, co…