Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2013

SETE MÁIS UNHA PELÍCULAS. CINE E VIOLENCIA DE XÉNERO.

Imagen
 "A MULLER NO CINE"   UPALUSA COMUNICACIÓNS AUDIOVISUAIS  ASOCIACIÓN DE MULLERES DE SILLEDA  LOCALES VIVENDAS SOCIAIS              21 NOVEMBRO, 17:00 HORAS Ao falar de cine quixéramos subliñar a súa importancia como un axente socializador     de gran potencia porque mostra modelos de comportamento, produce reaccións, transmite crenzas e valores. Durante algún tempo considerouse como o máximo exponente da fuxida da realidade. Con todo, son moitas as persoas que agora o consideran como testigo do mundo e, neste sentido, convértese nun espello onde se reflicte a realidade social. As películas fan algo máis que entreter: ofrecen visións do mundo, mobilizan desexos e sensacións, inflúen nas nosas posi cións e percepcións da realidade e axúdannos a construír a sociedade. O obxectivo que nos plantexamos supón reflexionar sobre o papel que tomou o cine como axente “visibilizador” do maltrato ás muller

MÁIS VIOLETA

Imagen
No que vai de ano son xa 42 as mulleres mortas polos seus maridos ou parellas, ou por quenes o foron, ou por quenes aspiraban a convertirse en tales e víronse rexeitados. Para non esquecer... CONCENTRACIÓN DE CONDENA Á VIOLENCIA DE XÉNERO 25 DE NOVEMBRO 12:00 HORAS SEDE CIM CONCELLO DE SILLEDA Chousa Nova, 67 Cubriremos de violeta o noso xardín

ENFERMIDADE DE ALZHEIMER

Imagen
A Deputación de Pontevedra en colaboración coa Fundación Colexio Médico de Pontevedra e a Concellería de Benestar Social e Igualdade do Concello de Silleda poñen en marcha unha conferencia informativa sobre a enfermidade de Alzheimer, que terá lugar o 20 de novembro ás 18:00 horas, no Centro Social dos maiores de Silleda. O neurólogo  do Complexo Hospitalario de Pontevedra, o doutor  Manuel Seijo Martínez, será o relator da conferencia na que se abordarán as particularidades médicas e sociais que rodean a enfermidade de Alzheimer.

25 DE NOVEMBRO. E TI QUE DIS?

Imagen
  TODAS E TODOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO Deixa a túa  mensaxe nos nosos muros, utilízaos como se fosen de papel, como medio e soporte no que todas e todos expresemos os nosos sentimentos comúns cara a violencia de xénero. Ao longo da semán esperamos as vosas frases, citas, reflexións, debuxos, pensamentos... Hoxe están así de baleiros . Démoslle vida creando un universo vasto de imaxes, textos, pensamentos, demandas, liberdades e dereitos. Achégate ao CIM a deixar a túa mensaxe ou usa o noso muro do facebook. TODAS E TODOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

DORIS LESSING, A VIDA DEDICADA Á NARRATIVA

Imagen
"Mi primer encuentro como lector con Doris Lessing fue un libro editado por Carlos Barral (no podía ser de otra manera en aquella época: 1962, en la editorial Seix Barral) bajo el título La costumbre de amar. El libro era un conjunto de 17 relatos, el primero de los cuales, que daba título al libro, era un admirable estudio sobre un hombre tierno de vida galante a quien su juventud está abandonando sin piedad y al que la vida ha dejado apenas algo más que una costumbre de amar que ahora decide ejercitar con una mujer joven, una relación sobre la que se cierne inexorablemente el dictamen del tiempo. Todos los relatos estaban poseídos de una finura de análisis y una capacidad de recrear la vida común que destacaban por su capacidad de abordar las pequeñas miserias de la vida cotidiana; incluido el relato final, una dura visión de la Alemania de posguerra. En este libro está, a mi modo de ver, lo mejor del estilo característico de Doris Lessing, una escritura de la vida re

XII XORNADA DE NAIS E PAIS EDUCANDO EN IGUALDADE. CIDADANÍA E CONVIVENCIA DIXITAL

Imagen
A 12ª XORNADA DE NAIS E PAIS EDUCANDO EN IGUALDADE: "Cidadanía e convivencia dixital" pretende incidir na idea de colaboración entre toda a comunidade educativa para que nenos, nenas e adolescentes poidan compartir e gozar de Internet e das redes sociais de forma segura e para previr a violencia sexual en adolescentes e os comportamentos machistas e sexistas nos novos medios de socialización e convivencia dixital. A xornada consta de sesións informativas dirixidas ás nais e pais e, paralelamente, de obradoiros de carácter lúdico e adaptados á súa idade onde nenos, nenas e adolescentes irán coñecendo baixo parámetros de igualdade e a través de videoxogos, animacións e outros recursos educativos, algunhas características do mundo que como nativos/as dixitais lles está tocando descubrir, así como os riscos e responsabilidades asociados a determinadas prácticas que se poden desenvolver online (sexting, sextorsión, grooming, ciberbullying...). A xornada rematará cun debate en

CEN ANOS DE VIVIAN LEIGH, A INMORTAL SCARLETT O,HARA

WORLD PRESS PHOTO 2013