SETE MÁIS UNHA PELÍCULAS. CINE E VIOLENCIA DE XÉNERO.





 "A MULLER NO CINE" 
 UPALUSA COMUNICACIÓNS AUDIOVISUAIS
 ASOCIACIÓN DE MULLERES DE SILLEDA
 LOCALES VIVENDAS SOCIAIS
             21 NOVEMBRO, 17:00 HORAS


Ao falar de cine quixéramos subliñar a súa importancia como un axente socializador    de gran potencia porque mostra modelos de comportamento, produce reaccións, transmite crenzas e valores. Durante algún tempo considerouse como o máximo exponente da fuxida da realidade. Con todo, son moitas as persoas que agora o consideran como testigo do mundo e, neste sentido, convértese nun espello onde se reflicte a realidade social. As películas fan algo máis que entreter: ofrecen visións do mundo, mobilizan desexos e sensacións, inflúen nas nosas posicións e percepcións da realidade e axúdannos a construír a sociedade.



O obxectivo que nos plantexamos supón reflexionar sobre o papel que tomou o cine como axente “visibilizador” do maltrato ás mulleres. Porque cando se relaciona maltrato ás mulleres e cine podemos evidenciar dos xeitos de violencia: 

a)      Ás veces porque a propia trama argumental a presenta.
b)  Outras, porque o cine en demasiadas ocasións, relega ás mulleres a papeis secundarios, adxudicándolle roles menores, concedéndolle pouco poder de decisión dentro do discurso e provocando que estea de verdadeiro “adorno”.



Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA