Entradas

Mostrando entradas de julio, 2020

MEDIDAS DE PREVENCIÓN PARA FACER FRONTE Á CRISE SANITARIA OCASIONADA POLO COVID-19 EN RELACIÓN COA CHEGADA Á COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA DE PERSOAS PROCEDENTES DOUTROS TERRITORIOS

Imagen
ORDE DO 27 DE XULLO DE 2020 POLA QUE SE ESTABLECEN MEDIDAS DE PREVENCIÓN PARA FACER FRONTE Á CRISE SANITARIA OCASIONADA POLO COVID-19 EN RELACIÓN COA CHEGADA Á COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA DE PERSOAS PROCEDENTES DOUTROS TERRITORIOS.
As persoas que cheguen á Comunidade Autónoma de Galicia despois de ter estado, dentro do período dos catorce días naturais anteriores á dita chegada, en territorios cunha alta incidencia do COVID-19 en comparación coa existente na Comunidade Autónoma galega ou respecto das cales non se dispoña de información ou de datos fiables sobre a situación epidemiolóxica existente neles, quedan sometidas ás seguintes MEDIDAS DE PREVENCIÓN:
A) No prazo máximo de 24 horas desde a súa chegada á Comunidade Autónoma de Galicia, as ditas persoas deberán comunicar os datos de contacto e de estadía na Comunidade Autónoma de Galicia que se recollen no anexo desta resolución. Para tal fin, deberán cubrir o formulario dispoñible no enderezo https://coronavirus.sergas.gal/viaxei…

PROGRAMA EMEGA 2020. SECRETARÍA XERAL DE IGUALDADE

Imagen
RESOLUCIÓN DO 17 DE XUÑO DE 2020, DA SECRETARÍA XERAL DE IGUALDADE, POLA QUE SE ESTABLECEN AS BASES REGULADORAS DAS AXUDAS DO PROGRAMA EMEGA PARA O FOMENTO DO EMPRENDEMENTO FEMININO EN GALICIA, COFINANCIADAS POLO FONDO SOCIAL EUROPEO.
O programa EMEGA comprende un conxunto de axudas dirixidas a apoiar a posta en marcha, a mellora e a rectivación de iniciativas empresariais constituídas por mulleres, xunto con medidas complementarias para favorecer a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, así como o acceso a servizos específicos de información, asesoramento e orientación empresarial co o obxecto de facilitar a implantación e consolidación dos proxectos empresariais promovidos por mulleres.
Co dito fin, o programa EMEGA comprende as seguintes liñas de axuda:
a) LIÑA EMPRENDE.
Liña de axudas económicas mediante incentivos para promover a posta en marcha de novas iniciativas empresariais e a creación de emprego feminino estable por conta propia e allea. b) LIÑA INNOVA.
Liña de axudas…