Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2009

OUTONO NAS TERMAS

Imagen
PROGRAMA DE BALNEARIOS PARA MULLERES GALEGAS


EN QUE CONSISTE?

Trátase dun programa especial cofinanciado nun 50% pola Secretaría Xeral para o Turismo e a Secretaría Xeral de Igualdade dirixido a mulleres da Comunidade Autónoma de Galicia coa finalidade de promover a participación das diferentes asociacións de mulleres en estadías en balnearios galegos durante o mes de novembro.

Galicia é un destino termal de calidade e a través de programas como este, poténciase a concienciación e increméntase a participación de mulleres no turismo e do coñecemento da nosa rexión.

QUEN PODE ACCEDER AO PROGRAMA?

Mulleres que participan nalgunha asociación de mulleres de Galicia.

CANDO SE DESENVOLVERÁ O PROGRAMA?

Durante o mes de novembro.

CUSTO

O programa está financiado ao 50%, colaboran 7 hoteis balneario de Galicia e consta de dous días de estadía en réxime de media pensión e tratamentos termais específicos.

RESERVAS

Durante todo o mes de novembro. Prazas limita…

FORO INTERNACIONAL XUVENTUDE E VIOLENCIA DE XÉNERO

Imagen
O Ministerio de Igualdade, a través do Instituto da Xuventude, organiza o Primeiro Foro Internacional de Xuventude e Violencia de Xénero, a celebrar en Madrid, durante os días 23 e 24 de próximo novembro.

Para contactar coa Secretaría do Foro, os datos de contacto son:

"Secretaria General del Foro Internacional Juventud y Violencia de Género"
Tlf: +34. 91.363.78.76/81/57
Fax: +34. 91.363.78.28/55
mail: foroinjuve@migualdad.es
Marqués de Riscal, 16
28010 Madrid

Para inscribirse:

http://www.forojuventudyviolenciadegenero.com

UN MES, UNHA MULLER. JUANITA

Imagen
Publicado na Revista Caretas
"Una Doncella"

"Tiene la edad de la Julieta de Shakespeare -catorce años- y, como ésta, una historia romántica y trágica. Es bellísima, principalmente vista de perfil. Su rostro exótico, alargado, de pómulos altos y sus ojos grandes y algo sesgados, sugieren una remota estirpe oriental. Tiene la boca abierta, como desafiando al mundo con la blancura de sus dientes perfectos, levemente salidos, que fruncen su labio superior en coqueto mohín. Su larguísima cabellera negra, recogida en dos bandas, enmarca su rostro como la toca de una novicia y se repliega luego en una trenza que baja hasta su cintura y la circunda. Se mantiene silente e inmóvil, como un personaje de teatro japonés, en sus vestiduras de finísima alpaca. Se llama Juanita. Nació hace más de quinientos años en algún lugar de los Andes y ahora vive en una urna de cristal (que, en verdad, es una computadora disimulada), en un ámbito glacial de 19&degree bajo cero, a salvo del tac…

DÍA MUNDIAL CONTRA O CANCRO DE MAMA

Imagen
O Día Mundial do Cancro de Mama é hoxe, o 19 de outubro, e o que se tenta nesta data é facer tomar conciencia a todas as mulleres de que canto máis cedo se realiza un diagnóstico máis posibilidades haberá de erradicar a enfermidade do corpo.

Neste día insistese en que un diagnóstico a tempo é a mellor solución para as doentes, porque segundo a Organización Mundial da Saude (OMS), cada 30 segundos nalgun lugar do mundo diagnosticase un cancro de mama. En España, cada ano detectanse cerca de 16.000 novos casos deste tipo de cancro. As campañas de detección precoz, os programas de mamografías e o progresivo envellecemento da poboación teñen moito que ver con isto.

Coincidindo coa celebración en todo o mundo do Día do Cancro de Mama, a Asociación Española contra o Cancro (AECC) e o resto de organizacións de doentes queren lembrar que éste é un tumor que pode detectarse a tempo, e "Faite unha mamografía" é o eslogan escollido por esta asociación. Mentras que a Federación Española…

ÁNGELES CASO: PREMIO PLANETA 2009

Imagen
A novela premiada con 601.000 euros conta a historia dunha caboverdiana que viaxa por Portugal e España.

Virxinia Évora era o seudónimo baixo o que se escondía a escritora Ángeles Caso (Xixón, 1959). A escritora asturiana é a gañadora da 58 edición do Premio Planeta, dotado con 601.000 euros e o fallo tivo lugar durante unha cea literaria celebrada no Pazo de Congresos de Cataluña e a que asistiron, entre outras autoridades, os ministros de Cultura, Ángeles González Sinde, e Educación, Ángel Gabilondo. O finalista foi o malagueño Emilio Calderón, que embolsará 150.250 euros. Ángeles Caso presentou a súa obra, unha das 492 presentadas este ano, co título de "El viaje" e nela narra a historia dunha xoven de Cabo Verde que despois de moitos infortunios viaxa primeiro a Portugal y despois a España. Caso xa fora finalista deste galardón en 1994 con "El peso de las sombras" , un ano no que o galardón o levou Camilo José Cela coa polémica "La cruz de San Andrés"…

HERTA MÜLLER: PREMIO NOBEL DE LITERATURA 2009

Imagen
A novelista e poetisa romano-alemana Herta Müller é a gañadora do Premio Nobel de Literatura 2009. O premio está dotado con 10 millóns de coroas suecas (980.000 euros) e, como o resto de galardóns Nobel, entregase o 10 de decembro, aniversario da morte do seu fundador, Alfred Nobel.

Para a Academia Sueca, Herta Müller "coa concentración da poesía e a franqueza da prosa, describe a paisaxe dos desposeídos". O certo é que a súa obra encarna en boa parte o destino das minorías alemanas nos países do centro de Europa que, trala fin da Segunda Guerra Mundial, en moitas ocasións tiveron que pagar por partida doble as culpas do nacionalsocialismo.

Müller, entrevistada pola axencia Dpa a víspera do anuncio sobre a posibilidade de ser a gañadora, non creía que sería premiada co máximo galardón das letras. "Non o creo, sempre se menciona a un, pero este ano non o farán", dixo a escritora.
"¿Qué diría eu sobre o Premio Nobel? Que me alegro, está claro. Naturalmente que e…

Obradoiro Consumo Responsable

Imagen
O próximo luns 26 de outubro levarase a cabo nas dependencias do Centro de Información á Muller un OBRADOIRO DE CONSUMO RESPONSABLE.

O horario será de 10:00 a 14:00.

O prazo para a inscrición, que é gratuita, xa está aberto.

Para apuntarse:
CIM SILLEDA
Avda do Parque nº67
Tlf: 986.59.20.37