HERTA MÜLLER: PREMIO NOBEL DE LITERATURA 2009




A novelista e poetisa romano-alemana Herta Müller é a gañadora do Premio Nobel de Literatura 2009. O premio está dotado con 10 millóns de coroas suecas (980.000 euros) e, como o resto de galardóns Nobel, entregase o 10 de decembro, aniversario da morte do seu fundador, Alfred Nobel.

Para a Academia Sueca, Herta Müller "coa concentración da poesía e a franqueza da prosa, describe a paisaxe dos desposeídos". O certo é que a súa obra encarna en boa parte o destino das minorías alemanas nos países do centro de Europa que, trala fin da Segunda Guerra Mundial, en moitas ocasións tiveron que pagar por partida doble as culpas do nacionalsocialismo.

Müller, entrevistada pola axencia Dpa a víspera do anuncio sobre a posibilidade de ser a gañadora, non creía que sería premiada co máximo galardón das letras. "Non o creo, sempre se menciona a un, pero este ano non o farán", dixo a escritora.
"¿Qué diría eu sobre o Premio Nobel? Que me alegro, está claro. Naturalmente que estaría tamén feliz. Pero non son unha estrela e non me gusta que me obriguen a estar no tapete. Sigo facendo o meu traballo coma sempre, sen estridencias".

A escritora, que vive en Berlín dende 1987, naceu en Nytzkydorf (Romanía) en 1953 e nunha familia da minoría alemana nese país (á que pertenceron outros escritores emblemáticos alemanes coma Paul Celan ou Oskar Pastior) e dende moi pronto tratou de tender pontes entre as duas culturas as que pertencía.

Herta Müller estudiou Filoloxía Xermánica e Filoloxía Romanesa simultáneamente, tratando de profundizar os coñecementos das duas literaturas as que sentía que pertencía. Coa Romanía oficial, rexida polo dictador Nicolai Ceacescu, entrou en conflicto moi pronto ao ser despedida do seu primeiro traballo, coma traductora nunha fábrica de máquinas, por negarse a colaborar coa Securitate, o servicio secreto da Romanía comunista.

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA