Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2011

PREMIO MELLOR DEPORTISTA GALEGA 2011

Imagen
A futbolista galega Verónica Boquete (Santiago, 1987) vén de ser distinguida pola Xunta como mellor deportista feminina nos Premios do Deporte Galego 2011, que foron dados a coñecer o 15 de decembro polo secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa. Verónica consolida a súa traxectoria internacional ligada, unha tempada máis, a Philadelphia Independence, o equipo co que se proclamou en 2011 mellor xogadora do ano na que é a mellor liga de fútbol feminino do mundo. No palmarés, ademáis de Verónica Boquete, tamén foron distinguidas Susana Rodríguez Gacio (triatlón), como mellor deportista feminina discapacitada, e Bea Gómez (natación), como deportista feminina revelación. O premio ao mellor equipo feminino foi concedido ao Ponte Ourense (fútbol sala). Todas elas recolleron os seus trofeos na gala de entrega dos Premios Deporte Galego 2011 o pasado día 27 de decembro no Teatro Jofre de Ferrol.

FELICES FESTAS

Imagen
Dende o CIM desexámosvos unhas Felices Festas!! Carmen e Anxos

Os Centros de Información á Muller estrean servizo de Teletraducción

Imagen
Trece Centros de Información á Muller da provincia de Pontevedra serán os primeiros en incorporar o servizo de teledraducción, que ofrece sen custe a Secretaría Xeral da Igualdade, para mellorar a atención das mulleres e vítimas de violencia de xénero inmigrantes. Trátase dos CIMs de Pontevedra, Poio, Silleda, A Lama, Vigo, Porriño, Gondomar, Moaña, Soutomaior, Redondela, O Grove, Cambados e Pontecaldelas, que contarán cun novidoso sistema de teletraducción a 51 idiomas. O servizo entrará en funcionamento ao abeiro dos convenios de colaboración entre Igualdade e os respectivos concellos asinados a semán pasada nas delegacións da Xunta de Galicia en Pontevedra e Vigo, con asistencia da titular de Igualdade da Xunta, Susana López Abella; os delegados territoriais da Xunta, José Manuel Cores Tourís e Lucía Molares, e representantes de once dos concellos implicados na iniciativa. Está prevista para as vindeiras semanas a sinatura dos correspondentes ás

COUSAS DE CINE: A FONTE DAS MULLERES

Imagen
Primeira película que gañou o distintivo de non sexista