PREMIO MELLOR DEPORTISTA GALEGA 2011


A futbolista galega Verónica Boquete (Santiago, 1987) vén de ser distinguida pola Xunta como mellor deportista feminina nos Premios do Deporte Galego 2011, que foron dados a coñecer o 15 de decembro polo secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa.

Verónica consolida a súa traxectoria internacional ligada, unha tempada máis, a Philadelphia Independence, o equipo co que se proclamou en 2011 mellor xogadora do ano na que é a mellor liga de fútbol feminino do mundo.

No palmarés, ademáis de Verónica Boquete, tamén foron distinguidas Susana Rodríguez Gacio (triatlón), como mellor deportista feminina discapacitada, e Bea Gómez (natación), como deportista feminina revelación. O premio ao mellor equipo feminino foi concedido ao Ponte Ourense (fútbol sala).

Todas elas recolleron os seus trofeos na gala de entrega dos Premios Deporte Galego 2011 o pasado día 27 de decembro no Teatro Jofre de Ferrol.


Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA