Entradas

Mostrando entradas de abril, 2019

SECRETARÍA XERAL DE IGUALDADE. PROGRAMA DE AXUDAS PARA A CONCESIÓN DAS ESTADÍAS DE TEMPO LIBRE PARA MULLERES SOAS CON RESPONSABILIDADES FAMILIARES NON COMPARTIDAS

Imagen
VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA. RESOLUCIÓN DO 12 DE MARZO DE 2019, DA SECRETARÍA XERAL DA IGUALDADE, POLA QUE SE REGULA E SE CONVOCA PARA O ANO 2019 O PROGRAMA DE AXUDAS  PARA A CONCESIÓN DAS ESTADÍAS DE TEMPO LIBRE PARA MULLERES SOAS CON RESPONSABILIDADES FAMILIARES NON COMPARTIDAS.
OBXECTO E FINALIDADE
O obxecto desta resolución é establecer as bases que rexerán a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de estadías de tempo libre para mulleres soas, preferentemente vítimas de violencia de xénero, con responsabilidades familiares non compartidas.
A súa finalidade é facilitarlles ás mulleres, preferentemente vítimas de violencia de xénero, que teñan fillas ou fillos menores e/ou menores en acollida, exclusivamente ao seu cargo, un espazo e un tempo desligado da súa situación habitual e no cal poidan intercambiar experiencias a través da convivencia nun espazo de lecer, reforzando o seu vínculo materno-filial nun ambiente de seguridade, respecto e bo trato como mod…