Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2018

APRENDEDO A PREVIR: "LAS CIEN NOCHES DE HERO"

Imagen
Un dos libros que este ano recibirán os centros educativos do concello de Silleda, no desenvolvemento do programa "Aprendendo a previr", subvencionado pola Deputación de Pontevedra: "LAS CIEN NOCHES DE HERO".  Isabel Greenberg Un conto de fadas feminista, un inxenioso ataque ao patriarcado, marabilloso cómic recoñecido pola crítica británica como un dos mellores libros do ano 2016. Con que  os toparedes cando os internedes neste libro? Mareas de traicións, lealdades inamovibles, esposos malos, amantes infieis, cousas que colgan das árbores, "Ligas de Narradoras Secretas", bailes nocturnos, bruxas sabias, lúas que baixan do ceo polas noites, instrumentos musicais encantados, amigas e arpas e paxaros e sobre todo, montóns, montóns de irmás.

SILLEDA EN NEGRO

Imagen
CONCENTRACIÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO VENRES, 23 DE NOVEMBRO ÁS 12:00 HORAS PRAZA DA IGREXA DE SILLEDA #SILLEDAENNEGRO

#SILLEDA EN NEGRO

Imagen
 Desde o concello de Silleda estamos traballando, por segundo ano consecutivo, no desenvolvemento dunha campaña de sensibilización social no marco do 25 de novembro, día internacional contra a violencia de xénero. No ano 2017, froito dun importante traballo institucional, máis de 6000 establecementos e institucións de Galicia se sumaron á campaña #EnNegroContraAsViolencias, xunto a moitas persoas que, a título individual, participaron nesta acción que segue medrando e que, estamos convencidas, conseguiu visibilizar e promover, entre a veciñanza, o rexeitamento das múltiples dimensións da violencia machista. Por todo isto, quixemos repetir a experiencia en 2018, coa intención de tinguir de negro o noso concello e de ampliar as canles de participación da cidadanía na definición e posta en marcha da acción #EnNegroContraAsViolencias, participada por 104 concellos e 3 deputacións provinciais. Desde a concellería de Igualdade gustaríanos contar contigo, coa túa entidade, co

PORQUE NOS QUEREMOS LIBRES E VIVAS...

Imagen