#SILLEDA EN NEGRO


 Desde o concello de Silleda estamos traballando, por segundo ano consecutivo, no desenvolvemento dunha campaña de sensibilización social no marco do 25 de novembro, día internacional contra a violencia de xénero.

No ano 2017, froito dun importante traballo institucional, máis de 6000 establecementos e institucións de Galicia se sumaron á campaña #EnNegroContraAsViolencias, xunto a moitas persoas que, a título individual, participaron nesta acción que segue medrando e que, estamos convencidas, conseguiu visibilizar e promover, entre a veciñanza, o rexeitamento das múltiples dimensións da violencia machista.

Por todo isto, quixemos repetir a experiencia en 2018, coa intención de tinguir de negro o noso concello e de ampliar as canles de participación da cidadanía na definición e posta en marcha da acción #EnNegroContraAsViolencias, participada por 104 concellos e 3 deputacións provinciais.

Desde a concellería de Igualdade gustaríanos contar contigo, coa túa entidade, co teu negocio...no desenvolvemento da acción no noso pobo #SilledaEnNegro.

Gustaríanos que foses un altofalante de #SilledaEnNegro e que, un ano máis, vestises de negro o teu escaparate, espazo público, manequíns, redes sociais, páxina web, do 19 ao 25 de novembro. Se tes material do ano pasado agradeceríamosche que o reutilizases e, se non, poderás recollelo no Centro de Información Ás Mulleres do concello de Silleda -Avda. Chousa Nova, 67-.

Podes obter máis información escribindo a cim@silleda.es ou chamando ao teléfono 986592037.

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA