“CÓIDAME”. ATENCIÓN Á INFANCIA

 

“CÓIDAME”

CONCELLO DE SILLEDA

 

AXUDAS EXTRAORDINARIAS DIRIXIDAS AOS CONCELLOS DE MENOS DE 50.000 HABITANTES PARA A PRESTACIÓN DE ACTIVIDADES DE APOIO ÁS FAMILIAS PARA FACERLLE FRONTE AO IMPACTO DA COVID-19 DURANTE O ANO 2020, DESDE A ESTRATEXIA LOCAL PARA A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES.

DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

 
FINALIDADE

 

Atención e coidado de nenas e nenos entre doce semanas e doce anos, así como menores de idade con discapacidade, para responder de xeito puntual a necesidades relacionadas coa conciliación da vida familiar, laboral e social das familias de Silleda, que non poidan ser satisfeitas a través do servizo prestado nos espazos de atención á infancia e ludotecas, nin en ningún outro servizo posto a disposición por parte do concello ou de outras institucións públicas para atender necesidades de conciliación.

Durante o desenvolvemento do servizo atenderanse as necesidades básicas das nenas e nenos (físico-biolóxicas, sociais, cognitivas e emocionais), realizando ao mesmo tempo e sempre que sexa posible actividades lúdicas adaptadas á súa etapa evolutiva.

 

                                                   OBXECTIVOS

 

I.              Facilitar a conciliación da vida familiar, laboral e social nestes tempos convulsos, apoiando ás familias no axeitado cumprimento das súas función de coidado e protección ás menores e aos menores.

 

II.        Garantir o benestar da infancia cubrindo as necesidades de atención e coidado de nenas e nenos, mentres as súas nais, pais, tutoras e tutores, acuden a actividades puntuais de formación, inserción laboral, participación social, entrevistas de traballo, consultas médicas, trámites administrativos ou outras de análoga natureza.  Configúrase como un servizo para necesidades puntuais, non de carácter estable ou estructural prolongadas no tempo.

                                

                                             DESTINATARIAS/OS

 

I.            Familias empadroadas no concello de Silleda, con menores en idades comprendidas entre doce semanas e doce anos ou con menores con discapacidade que superen esta idade, cando precisen apoios puntuais para a atención das nenas e nenos, por razón de índole persoal, laboral ou social nos seguintes supostos:

 

Ø  Cumprimento dun deber inxecusable que esixa a presenza da/o interesada/o e que impida que se poida efectuar o coidado da/do menor.

Ø  Tramitacións administrativas presenciais.

Ø  Acudir a consultas do sistema de saúde ou servizos sociais propias ou acompañando ao cónxuxe, parella, ascendentes e descendentes no primeiro grao de consaguinidade ou afinidade.

Ø  Participar en accións de promoción e inserción laboral: entrevistas de traballo, actividades formativas, cambio en horarios laborais, inicio de actividade laboral, cando tales circunstancias teñan carácter imprevisto ou puntual.

Ø  Acudir a actividades relacionadas coa participación social.

Ø  Cubrir o horario laboral das nais, pais ou tutores no caso de enfermidades da/o menor que obrigue a súa estancia no domicilio (máximo tres días).

 

                                   MODALIDADES DO SERVIZO

 

  •                               ATENCIÓN DAS MENORES E DOS MENORES NO PROPIO DOMICILIO.  
  •  ACOMPAÑAMENTO EN DESPRAZAMENTOS.

 

Traslados ou acompañamientos da/do menor fóra do fogar, por período máximo dunha hora en cada traslado e sempre dentro do término municipal.

Con carácter xeral, exclúense as tarefas domésticas así como a tarefa de acompañamento do/da menor á/ao pediatra. Só con carácter excepcional acompañarase ao menor á consulta da/do pediatra cando se produza unha emerxencia que poda poñer en peligro a súa saúde durante a realización das tarefas contempladas no parte do servizo. Este acompañamento deberá de ser comunicado de xeito  inmediato ao seu pai, nai ou tutor/a para o seu coñecemento e posterior recollida da/do menor.

 

 

                                         HORARIO DO SERVIZO

Os servizos se prestarán de luns a venres en horario de 7:30 ás 22 horas, exceptuando fins de semana e festivos.

 

                                       RATIOS DE OCUPACIÓN

Nos coidados no domicilio atenderase aos menores e ás menores conforme a seguinte ratio:

-Ata catro menores: 1 coidador/a.

-A partir de cinco menores: 2 coidadores/as.

 

                    INTENSIDADE NA PRESTACIÓN DO SERVIZO

 

Ø  Cada unidade familiar terá un máximo de horas, sen carácter acumulativo: cada unidade familiar contará con 80 horas, salvo no caso de  accións formativas, nas que se poderá extender a utilización do servizo polo tempo que duren as mesmas, aportando documentación que o acredite.

Ø  Diariamente poderá utilizarse o servizo un mínimo de unha hora e un máximo de seis horas, ata a finalización das horas  que lle correspondan a cada unidade familiar.

 

              PROCEDEMENTO E CONDICIÓNS DE ACCESO

 

Para formalizar a petición de utilización do servizo deberá entregarse cumprimentado o formulario de solicitude, que deberá ir acompañado da seguinte documentación:

 

            Documentación básica

-Fotocopia DNI/NIE da nai/pai/ tutor/a solicitante.

-Fotocopia do Libro de Familia o sentencia de acollemento ou adopción.

-Copia da resolución xudicial ou administrativa que declare a situación de tutela.

-Fotocopia da tarxeta sanitaria da/o menor.

-Certificado de convivencia.


            Documentación complementaria

-Certificado de monoparentalidade expedido por la Dirección General de Familia, Infancia y Dinamización Demográfica de la Consellería de Política Social.

-Copia de sentencia de seperación ou divorcio. 

-Documento acreditativo da discapacidade ou necesidade de especial atención: Informe médico, psicolóxico ou social.

-En los casos de acción formativas que superen as oitenta horas semestrais, documentación acreditativa.

A primeira vez que se solicite o servizo farase de modo presencial no Centro de Información ás Mulleres, precisando en todo caso unha entrevista persoal para fixar días e horarios. As solicitudes posteriores poderanse facer de modo presencial, telefónico ou vía correo electrónico a través da dirección: cim@silleda.es, sempre que quede acreditada a identidade da/do solicitante e a autencidade da petición.

A entrega ou envío das solicitudes farase cunha antelación mínima de 48 horas de antelación á prestación do servizo.

Cando o día anterior ao inicio do servizo solicitado sexa festivo deberá formalizarse a petición antes das 11:00 horas do anterior día hábil.

As solicitudes non poderán realizarse con máis dun mes de antelación á data solicitada e admitiranse segundo orde de chegada ata cubrir as prazas dispoñibles.

Na entrevista realizarase un parte de servizo que recabará as necesidades da unidade familiar (días, horas e actuación co menor ou coa menor). O referido parte será asinado pola persoa responsable da/do menor e polo persoal técnico do Departamento de Igualdade.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA