Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2009

CONSELLOS DE SANIDADE PARA PROTEXERSE DA GRIPE A

Imagen
1. Lavar as mans con frecuencia, con auga e xabrón. 2. Tapar a boca e o nariz cun pano de papel ao esbirrar ou toser. Xusto despois, tirar o pano usado no lixo. 3. Limpar máis frecuentemente as superficies de mobles, pomos das portas... cos productos de limpeza habituais. 4. Ventilar máis a miudo, abrindo as fiestras, os lugares pechados. 5. Se se está enfermo, evitar contaxiar a outras persoas seguindo os consellos dos profesionais sanitarios. 6. Evitar os bicos e un contacto moi cercano. 7. Evitar cousas coma compartir vasos, cubertos e outros obxetos que puideran estar en contacto con saliva ou outras secrecións. 8. Empregar os servizos de saude con responsabilidade. Para máis información, consultar a páxina web do Ministerio de Sanidade sobre a nova gripe: www.informaciongripea.es

CONTOS DE NOVA YORK

Imagen
LA VOZ DE GALICIA. 04/09/2009 Detida unha monxa por conducir bébeda tras emborracharse nunha igrexa. Estrelouse contra unha arbore ao tentar esquivar a un grupo de rapaces que xogaba na rúa. Unha monxa de Nova York foi posta hoxe en liberdade despois de recoñecer que se emborrachou mentres estaba na igrexa, levou o coche bébeda e estrelouse contra unha arbore ao tentar esquivar a un grupo de rapaces que xogaba na rúa. As autoridades detallaron que a irmá Lauren Hanley, de 68 anos, tiña unha botella dunha bebida alcohólica no automóvil cando o mércores se estrelou contra un arbore no condado de Wantagh, en Long Island. A monxa foi acusada de conducir en estado de embriaguez e, ademáis, o seu turismo non tiña a inspección do Estado en regra. Hanley, que segundo as autoridades comezou a beber xenebra na igrexa de San Frances de Chantal mentres levaba a cabo o seu traballo como directora espiritual, tiña 0,18 graos de alcohol, mais do dobre do permitido pola lei, de 0,08 graos. A monx

SETEMBRO

Imagen
Setembro supón unha transición entre duas estacións astronómicas: o Verán que se retira e o Inverno que avanza. Seguen a acortarse os días; por iso se di que o outono é unha especie de Primaveira do revés: medran as noites e menguan os días e pasase progresivamente da calor ao frío. A mediados do mes, se o verán foi caluroso e seco, pode facer aparición o primeiro temporal formal de choivas con vento do Nordés e entrada de aire mais frío. Ao largo de Setembro soen ser tamén frecuentes as treboadas. Recollese o mel das colmeas e xeneralizase a vendima. Polas suas treboadas, saraibadas e diluvios este mes ten mala fama no campo, igual que a ten abril polas suas xeadas tardías e os seus retrocesos ao frío. A finais do mes as temperaturas recuperanse e volve o tempo soleado e estable: "Veranciño dos Arcánxeles". Algúns refrans relativos ao mes: "Do mes que entra con abade y sae con fraile, Deus nos garde" O día 1 é San Xil e o día 30 San Xerome. Entre medias po