CONTOS DE NOVA YORK



LA VOZ DE GALICIA. 04/09/2009

Detida unha monxa por conducir bébeda tras emborracharse nunha igrexa.
Estrelouse contra unha arbore ao tentar esquivar a un grupo de rapaces que xogaba na rúa.

Unha monxa de Nova York foi posta hoxe en liberdade despois de recoñecer que se emborrachou mentres estaba na igrexa, levou o coche bébeda e estrelouse contra unha arbore ao tentar esquivar a un grupo de rapaces que xogaba na rúa.
As autoridades detallaron que a irmá Lauren Hanley, de 68 anos, tiña unha botella dunha bebida alcohólica no automóvil cando o mércores se estrelou contra un arbore no condado de Wantagh, en Long Island.
A monxa foi acusada de conducir en estado de embriaguez e, ademáis, o seu turismo non tiña a inspección do Estado en regra.
Hanley, que segundo as autoridades comezou a beber xenebra na igrexa de San Frances de Chantal mentres levaba a cabo o seu traballo como directora espiritual, tiña 0,18 graos de alcohol, mais do dobre do permitido pola lei, de 0,08 graos.
A monxa manexou o coche de maneira errática e estivo preto de atropelar a dous nenos de dez anos e a un neno de catorce que xogaban frente ao seu fogar, despois do continuou conducindo en zig zag, golpeando alguns dos vehículos estacionados na rúa, ata que chocou contra unha arbore.
«Os meus netos dixeron que ela estaba manexando coma unha loca. Coma monxa ela dedicou toda unha vida a ensinar aos nenos e é unha vergonza que remate desta forma», comentou a avoa dos nenos, Mary Lions ao canal 47 da cadena Univisión.
Rosa Rodríguez, unha feligresa de San Frances Chantal, comentou pola sua parte ao canal 47 que Hanley debe ser un exemplo «mais serio» para a comunidade «porque é unha monxa, unha persoa da igrexa na que un confía».
Rodríguez considera que a xustiza non debe facer unha excepción con Hanley por ser monxa «porque está poñendo en perigo a sua vida así como a de calquera outra persoa na rúa».

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA