Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2012

AXUDAS A PEMES EN MATERIA DE TRABALLO EN IGUALDADE DAS MULLERES DE GALICIA

Imagen
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión das axudas dirixidas ao fomento da implantación de plans de igualdade, para a eliminación da infrarrepresentación feminina e para a garantía e mellora do dereito á conciliación da vida familiar e laboral en pequenas e medianas empresas (pemes).
  As actuacións subvencionables desagréganse nas seguintes liñas de actuación:
Liña I: Axudas para a implantación de plans de igualdade nos termos e nos ámbitos definidos na Lei 2/2007, de traballo en igualdade das mulleres de Galicia, tanto de xeito voluntario como en cumprimento da obriga establecida nun convenio colectivo de ámbito superior á empresa. Por tanto, non será de aplicación ás empresas coa obriga legal de implantar plans de igualdade, segundo o establecido no artigo 45.2 da Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo.
Liña II: Axudas para investimentos tendentes á eliminación da infrarrepresentación feminina nos eidos laborais ocupados predominantem…

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2012, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se convocan, para o ano 2012, as axudas establecidas no artigo 27 da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero, e no artigo 43 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

Imagen
RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2012, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se convocan, para o ano 2012, as axudas establecidas no artigo 27 da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero, e no artigo 43 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
Obxecto
Esta resolución ten por obxecto convocar, para o ano 2012, as axudas previstas no artigo 27 da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero e no artigo 43 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
Prazo de presentación das solicitudes
O prazo para a presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o 30 de novembro de 2012 no caso da axuda establecida no artigo 27 da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de m…

ALFA ROMEO E O INSTITUTO DA MULLER

Imagen
"Mírame, tócame,incítame, provócame, sedúceme, contrólame, protégeme, grítame, relájame".
Destes imperativos cos que se anuncia o modelo Giuletta da marca automobilística Alfa Romeo, dous topáronse co Instituto da Muller.
O organismo dirixiuse aos responsables da empresa para pedir a retirada ou modificación do anuncio de coche por dous verbos: "grítame" e "contrólame", dado que dan lugar a interpretar que van dirixidos a unha muller e que supoñen un comportamento permisivo. "Consideramos que tal como está formulado o anuncio, estes termos coadxuvan á violencia de xénero, considerando normal berrar e controlar unha muller", explican no organismo encargado de velar pola igualdade entre mulleres e homes. 
O anuncio, que se emite en televisión, mostra imaxes dunha muller, dun home que corre, de dous nenos e varios aspectos do coche que se promove.
No Instituto da Muller, que ten un observatorio dedicado a velar contra o sexismo na publicid…

ELAS DIXERON

Imagen
"Nadie puede hacernos sentirnos inferiores sin nuestro consentimiento" Eleanor Roosevelt

AXUDAS DO PROGRAMA EMEGA PARA FOMENTO DO EMPRENDEMENTO FEMININO

Imagen
RESOLUCIÓN DO 14 DE MAIO DE 2012, DA SECRETARÍA XERAL DA IGUALDADE, POLA QUE SE ESTABLECEN AS BASES REGULADORAS QUE REXERÁN AS AXUDAS DO PROGRAMA EMEGA PARA FOMENTO DO EMPRENDEMENTO FEMININO As axudas reguladas por estas bases teñen por obxecto incentivar as mulleres emprendedoras de Galicia para a posta en marcha, mellora ou reactivación de iniciativas empresariais como medio adecuado para a súa promoción, participación e progresión no mercado laboral, a través das seguintes liñas de actuación: 1. Liña Emprende: programa de axudas económicas a través de primas para estimular a posta en marcha de iniciativas empresariais e a creación de emprego feminino por conta propia e allea. 2. Liña Innova: programa de axudas económicas mediante primas para promover a realización de melloras innovadoras nas empresas lideradas por mulleres que comparten a  creación de emprego feminino estable e de calidade e a mellora da competitividade. 3. Liña Activa: programa de axudas económicas a través de primas…

A SENTENZA DO CAMPO ALGODONERO, UNHA RESOLUCIÓN EMBLEMÁTICA

Imagen
O fenómeno de violencia contra as mulleres e as nenas en Cidade Juárez comezouse a documentar polas organizacións da sociedade civil a partir de 1993. Con todo, as accións tomadas polas autoridades en ningún momento estiveron encamiñadas a solucionar esta violencia, minimizaron o fenómeno culpando ás mulleres de porse en situación de perigo. A Comisión para Previr e Erradicar a Violencia contra as Mulleres en Cidade Juárez sinalou:
       "...Intentouse nun inicio estigmatizar ás vítimas, presentándoas como consumidoras de drogas ou como sexo servidoras, sen que fose necesario, pois iso de ningún xeito xustifica nin explica a súa morte...Ademais, emprendeuse unha campaña de desprestixio contra as familias e os grupos da sociedade civil, descualificándolles como grupos que se han lucrado coa dor."
O tipo de violencia exercida contra as mulleres e as nenas implicou un patrón de violacións graves e sistemáticas aos dereitos das mulleres e nenas. O seu común denominador é o xén…

PUBLICIDADE SEXISTA. TODOS MÍRANA MENOS UN

Imagen