ALFA ROMEO E O INSTITUTO DA MULLER



"Mírame, tócame,incítame, provócame, sedúceme, contrólame, protégeme, grítame, relájame".

Destes imperativos cos que se anuncia o modelo Giuletta da marca automobilística Alfa Romeo, dous topáronse co Instituto da Muller.

O organismo dirixiuse aos responsables da empresa para pedir a retirada ou modificación do anuncio de coche por dous verbos: "grítame" e "contrólame", dado que dan lugar a interpretar que van dirixidos a unha muller e que supoñen un comportamento permisivo. "Consideramos que tal como está formulado o anuncio, estes termos coadxuvan á violencia de xénero, considerando normal berrar e controlar unha muller", explican no organismo encargado de velar pola igualdade entre mulleres e homes. 

O anuncio, que se emite en televisión, mostra imaxes dunha muller, dun home que corre, de dous nenos e varios aspectos do coche que se promove.

No Instituto da Muller, que ten un observatorio dedicado a velar contra o sexismo na publicidade, aseguran que aínda non tiveran resposta de Alfa Romeo.

Un voceiro da compañía, Alfonso Ortín, afirma que a campaña, que se emitiu en todas as grandes cadeas españolas dende outono, "se cancelou o pasado día 14", tras recibir a carta do Instituto da Muller. Asegura que a queixa institucional lles sorprendeu, xa que o anuncio contaba co visto e prace de Autocontrol (o organismo que vela pola veracidade da publicidade).

"Emitiuse por toda Europa e non se recibiu ningunha queixa", segundo Ortín. A partir de agora, a compañía automobilística estudará os posibles cambios no anuncio denunciado.

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA