Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2011

SEVILLA

Imagen
Sevilla é unha superposición de historias, de vínculos imposibles de explicar uns sen outros, capaz de doblegar á máis insensible das viaxeiras. España, o sur, a vella cultura da Europa mediterránea só poden intuirse dende lugares como este . Espéranos a súa inmensa Catedral , o Patio das Laranxeiras, as campás da Giralda , as salas e laranxas amargas dos xardíns do Alcázar , o bulicio do Barrio de Santa Cruz , unha tarde de flamenco na Casa da Memoria de Al Andalus , a Torre do Ouro , a Maestranza ... e Triana , unha noite na Casa Anselma , o negro de Santa Ana e as dúas Esperanzas e o Señor de Sevilla "O Gran Poder" e as xemas de San Lorenzo e as tendiñas de prateiros da praza do Pan e... SAÍDA 4 DE XUÑO Santiago de Compostela 18:20 Sevilla 19:40 CHEGADA 7 DE XUÑO Sevilla 16:30 Santiago de Compostela 17:55 Aloxarémonos no Hotel Sevilla Center **** , Avda. de la Buhaira, s/n, en réxime de aloxamento e almorzo. PREZO TOTAL: 200 EUROS No prezo está incluido: av

GUÍA DE RECURSOS

Imagen
ENTROU CON BO PÉ A PRIMAVEIRA. ASÍ ATA OS LUNS SEMELLAN VENRES!!! AÍ VOS VAI A GUÍA DE RECURSOS: (pincha na foto para vela máis grande)

ITINERARIO BÁSICO DE PROTECCIÓN DA MULLER MALTRATADA

Imagen
Pincha na imaxe para velo máis grande. Este é o Itinerario Básico de Protección da Muller Maltratada que foi finalmente aprobado pola Mesa de Coordinación para a Erradicación da Violencia de Xénero do Concello de Silleda na última reunión celebrada esta semán .

ESTADIAS DE TEMPO LIBRE PARA MULLERES SOAS CON RESPONSABILIDADES FAMILIARES NON COMPARTIDAS

Imagen
RESOLUCION DE 25 DE FEBREIRO DE 2011 DA SECRETARIA XERAL DA IGUALDADE FINALIDADE Facilitarlles ás mulleres que teñan fillas/os menores exclusivamente ao seu cargo un espazo e un tempo desligado da súa situación habitual e no cal poidan intercambiar experiencias a través da convivencia nun espazo de lecer. REQUISITOS a) Ter fillas e/ou fillos exclusivamente ao seu cargo con idades comprendidas entre os 2 e os 12 anos. b) Estar domiciliadas na Comunidade Autónoma de Galicia, e no caso de mulleres estranxeiras, ter permiso de residencia ou tarxeta de réxime comunitario, segundo o caso. c) Dispoñer dunha renda que, tendo en conta todos os ingresos do conxunto da unidade familiar, dividida polo número de membros que a compoñen, non superen o SMI. d) Non padecer ela, nin as fillas e/ou os fillos que a acompañen unha enfermidade que requira illamento e/ou que impida a normal convivencia. PRAZAS Convócanse ata un máximo de 95 prazas para mulleres con fillas e/ou fillos ao seu cargo, residentes

RESOLUCIÓN DE 8 DE MARZO DE 2011DA SECRETARÍA XERAL DE IGUALDADE

Imagen
BASES REGULADORAS PARA A CONCESIÓN DAS AXUDAS ESTABLECIDAS NO ARTIGO 27 DA LEI ORGÁNICA 1/2004, DO 28 DE DECEMBRO, DE MEDIDAS DE PROTECCIÓN INTEGRAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, E NO ARTIGO 43 DA LEI 11/2007, DO 27 DE XULLO, GALEGA PARA A PREVENCIÓN E O TRATAMENTO INTEGRAL DA VIOLENCIA DE XÉNERO TIPOS DE AXUDAS 1. Axudas dirixidas a mulleres vítimas de violencia de xénero que residan na Comunidade Autónoma de Galicia e acrediten insuficiencia de recursos e unhas especiais dificultades para obter un emprego. 2. Axudas de indemnización dirixidas ás mulleres que sofren violencia de xénero e/ou as e os menores ou persoas dependentes delas polos danos e perdas ocasionados como consecuencia da situación de violencia, fixadas mediante sentenza xudicial, no caso de incumprimento, por insolvencia, por parte do obrigado a satisfacelas. CONTÍA DAS AXUDAS 1. Axudas establecidas no artigo 27 da LO 1/2004, do 28 de decembro - Con carácter xeral, o importe será o equivalente ao de 6 meses do subsidi

HISTORIA DAS MULLERES EN GALICIA

Imagen
A Secretaría Xeral da Igualdade, con motivo das conmemoracións do Día Internacional da Muller, presentou a primeira Historia das Mulleres en Galicia , unha colección de catro volumes nos que se fai un percorrido pola vida das mulleres galegas en todas as etapas históricas. A colección Historia das Mulleres en Galicia , coordinada pola catedrática de Historia Moderna da Universidade de Compostela (USC), Ofelia Rey Castelao, ten como obxetivo cubrir un baleiro historiográfico: o referido á traxectoria histórica das mulleres galegas desde que hai rastros arqueolóxicos ou escritos ata os nosos días. Con esta obra, que se pode atopar nas librerías, o que se pretende é facilitar unha síntese do que xa sabemos grazas ás investigacións levadas a cabo nos últimos anos no ámbito universitario, fundamentalmente, e en traballos feitos noutros niveis educativos ou noutros espazos culturais. Ademais, tamén se queren saca

ALMORZO SOLIDARIO. 8 DE MARZO

Imagen

AS OPORTUNIDADES DA IDADE:MULLERES SABIAS

Imagen
O Instituto da Muller fixo pública a relación de fotografías que foron premiadas no concurso convocado a través de Internet "As oportunidades da idade: mulleres sabias" co obxectivo de sensibilizar a poboación sobre o envellecemento activo das mulleres na nosa sociedade. O primeiro premio recaeu na foto titulada "Con nocturnidade e aleivosía" de Francisco García, pola súa calidade técnica e artística e por expresar, con grande esponteneidade, o momento especial de íntima evasión dunha muller despois da súa longa xornada de actividade. A foto gañadora converterase no cartel conmemorativo do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres.

MULLERES NO OBXECTIVO

Imagen
Igualdade inagurou a exposición "Mulleres no obxectivo", un percorrido pola vida laboral das mulleres ao longo da historia. A mostra recolle fotografías de 23 fotoxornalistas galegos/as que nos achegan ao día a día das mulleres no seu traballo ao longo da historia. Ademais presenta tamén o vídeo Mulleres XX, no que se presentan as testemuñas de mulleres traballadoras en sectores tradicionalmente considerados como masculinos.