RESOLUCIÓN DE 8 DE MARZO DE 2011DA SECRETARÍA XERAL DE IGUALDADE

BASES REGULADORAS PARA A CONCESIÓN DAS AXUDAS ESTABLECIDAS NO ARTIGO 27 DA LEI ORGÁNICA 1/2004, DO 28 DE DECEMBRO, DE MEDIDAS DE PROTECCIÓN INTEGRAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, E NO ARTIGO 43 DA LEI 11/2007, DO 27 DE XULLO, GALEGA PARA A PREVENCIÓN E O TRATAMENTO INTEGRAL DA VIOLENCIA DE XÉNERO

TIPOS DE AXUDAS

1. Axudas dirixidas a mulleres vítimas de violencia de xénero que residan na Comunidade Autónoma de Galicia e acrediten insuficiencia de recursos e unhas especiais dificultades para obter un emprego.
2. Axudas de indemnización dirixidas ás mulleres que sofren violencia de xénero e/ou as e os menores ou persoas dependentes delas polos danos e perdas ocasionados como consecuencia da situación de violencia, fixadas mediante sentenza xudicial, no caso de incumprimento, por insolvencia, por parte do obrigado a satisfacelas.

CONTÍA DAS AXUDAS

1. Axudas establecidas no artigo 27 da LO 1/2004, do 28 de decembro

- Con carácter xeral, o importe será o equivalente ao de 6 meses do subsidio por desemprego vixente.

- Será equivalente a 12 meses de subsidio por desemprego:
-Cando a vítima tivese a cargo un familiar ou menor acollido/a.
-Cando a vítima, sen responsabilidades familiares, tivese unha discapacidade igual ou superior ao 33%.

-Será equivalente a 18 meses de subsidio por desemprego nos seguintes casos:
-Cando a vítima tivese ao seu cargo dous ou máis familiares ou menores acollidos/as, ou un familiar e un menor acollido/a.
-Cando a vítima tivese ao seu cargo un familiar ou menor acollido/a e unha discapacidade igual ou superior ao 33% ela ou algunha das persoas dependentes.

-Será equivalente a 24 meses de subsidio por desemprego nos seguintes casos:
-Cando a vítima tivese ao seu cargo dous ou máis familiares ou menores acollidos/as, ou un familiar e un menor acollido/a e unha discapacidade igual ou superior ao 33% ela ou algunha das persoas dependentes.
-Cando a vítima de violencia de xénero con responsabilidades familiares ou o familiar ou menor acollido/a con quen conviva tivese recoñecido oficialmente un grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

2. Axudas de indemnización establecidas na Lei 11/2007, do 27 de xullo

A fixada pola resolución xudicial correspondente, cun máximo de 6.000 euros por cada persoa beneficiaria.




Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

MEDIDAS DE PREVENCIÓN PARA FACER FRONTE Á CRISE SANITARIA OCASIONADA POLO COVID-19 EN RELACIÓN COA CHEGADA Á COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA DE PERSOAS PROCEDENTES DOUTROS TERRITORIOS