SEVILLA




Sevilla é unha superposición de historias, de vínculos imposibles de explicar uns sen outros, capaz de doblegar á máis insensible das viaxeiras. España, o sur, a vella cultura da Europa mediterránea só poden intuirse dende lugares como este.
Espéranos a súa inmensa Catedral, o Patio das Laranxeiras, as campás da Giralda, as salas e laranxas amargas dos xardíns do Alcázar, o bulicio do Barrio de Santa Cruz, unha tarde de flamenco na Casa da Memoria de Al Andalus, a Torre do Ouro, a Maestranza... e Triana, unha noite na Casa Anselma, o negro de Santa Ana e as dúas Esperanzas e o Señor de Sevilla "O Gran Poder" e as xemas de San Lorenzo e as tendiñas de prateiros da praza do Pan e...

SAÍDA 4 DE XUÑO
Santiago de Compostela 18:20 Sevilla 19:40

CHEGADA 7 DE XUÑO
Sevilla 16:30 Santiago de Compostela 17:55

Aloxarémonos no Hotel Sevilla Center ****, Avda. de la Buhaira, s/n, en réxime de aloxamento e almorzo.

PREZO TOTAL: 200 EUROS

No prezo está incluido: avión ida e volta, hotel en réxime de aloxamento e almorzo, transfer aeroporto, espectáculo flamenco na Casa da Memoria de Al Andalus, entradas á Catedral e Giralda, Alcázar e Casa Pilatos.

O prazo de inscrición rematará o próximo 8 de abril


Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA