ESTADIAS DE TEMPO LIBRE PARA MULLERES SOAS CON RESPONSABILIDADES FAMILIARES NON COMPARTIDAS


RESOLUCION DE 25 DE FEBREIRO DE 2011 DA SECRETARIA XERAL DA IGUALDADE

FINALIDADE

Facilitarlles ás mulleres que teñan fillas/os menores exclusivamente ao seu cargo un espazo e un tempo desligado da súa situación habitual e no cal poidan intercambiar experiencias a través da convivencia nun espazo de lecer.

REQUISITOS

a) Ter fillas e/ou fillos exclusivamente ao seu cargo con idades comprendidas entre os 2 e os 12 anos.
b) Estar domiciliadas na Comunidade Autónoma de Galicia, e no caso de mulleres estranxeiras, ter permiso de residencia ou tarxeta de réxime comunitario, segundo o caso.
c) Dispoñer dunha renda que, tendo en conta todos os ingresos do conxunto da unidade familiar, dividida polo número de membros que a compoñen, non superen o SMI.
d) Non padecer ela, nin as fillas e/ou os fillos que a acompañen unha enfermidade que requira illamento e/ou que impida a normal convivencia.

PRAZAS

Convócanse ata un máximo de 95 prazas para mulleres con fillas e/ou fillos ao seu cargo, residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.

DURACIÓN

As estadías terán unha duración de entre sete e dez dias, en réxime de pensión completa, preferentemente entre finais do mes de xuño e principios do mes de xullo.

PRAZO

Un mes a partir do día seguinte a publicación desta resolución no DOGA.

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA