SETEMBRO





Setembro supón unha transición entre duas estacións astronómicas: o Verán que se retira e o Inverno que avanza. Seguen a acortarse os días; por iso se di que o outono é unha especie de Primaveira do revés: medran as noites e menguan os días e pasase progresivamente da calor ao frío.

A mediados do mes, se o verán foi caluroso e seco, pode facer aparición o primeiro temporal formal de choivas con vento do Nordés e entrada de aire mais frío. Ao largo de Setembro soen ser tamén frecuentes as treboadas.

Recollese o mel das colmeas e xeneralizase a vendima.

Polas suas treboadas, saraibadas e diluvios este mes ten mala fama no campo, igual que a ten abril polas suas xeadas tardías e os seus retrocesos ao frío.

A finais do mes as temperaturas recuperanse e volve o tempo soleado e estable: "Veranciño dos Arcánxeles".


Algúns refrans relativos ao mes:


"Do mes que entra con abade y sae con fraile, Deus nos garde"


O día 1 é San Xil e o día 30 San Xerome. Entre medias pode ser o tempo estable en ocasions, e en outras enormes treboadas, diluvios e riadas.

"Marzo e Setembro son coma irmáns: un di adeus ao Inverno e outro ao Verán"


Astronómicamente, o día 21 de Marzo comeza a Primaveira e en Setembro o día 23 comeza o Outono. Os cambios de tempo sintetizanse no dito: “Setembro e Marzo, ventoeiros ambolos dous”

"Setembro é froiteiro, ledo e festeiro"


Alude á recollida dos últimos froitos: melón, melocotón, uvas, figos … Tamén as grandes festas que se organizaban nos pobos, unha vez rematadas as colleitas.

"Polo veranciño de San Miguel están os froitos coma mel"


San Miquel é o día 29, acostuma ser un periodo soleado que coincide cos últimos calores estivais. As froitas están no seu punto optimo de maduración.

Comentarios

Entradas populares de este blog

“CÓIDAME”. ATENCIÓN Á INFANCIA

MEDIDAS DE PREVENCIÓN PARA FACER FRONTE Á CRISE SANITARIA OCASIONADA POLO COVID-19 EN RELACIÓN COA CHEGADA Á COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA DE PERSOAS PROCEDENTES DOUTROS TERRITORIOS

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)