SECRETARÍA XERAL DE IGUALDADE. PROGRAMA DE AXUDAS PARA A CONCESIÓN DAS ESTADÍAS DE TEMPO LIBRE PARA MULLERES SOAS CON RESPONSABILIDADES FAMILIARES NON COMPARTIDAS
VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA. RESOLUCIÓN DO 12 DE MARZO DE 2019, DA SECRETARÍA XERAL DA IGUALDADE, POLA QUE SE REGULA E SE CONVOCA PARA O ANO 2019 O PROGRAMA DE AXUDAS PARA A CONCESIÓN DAS ESTADÍAS DE TEMPO LIBRE PARA MULLERES SOAS CON RESPONSABILIDADES FAMILIARES NON COMPARTIDAS.
OBXECTO E FINALIDADE
O obxecto desta resolución é establecer as bases que rexerán a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de estadías de tempo libre para mulleres soas, preferentemente vítimas de violencia de xénero, con responsabilidades familiares non compartidas.
A súa finalidade é facilitarlles ás mulleres, preferentemente vítimas de violencia de xénero, que teñan fillas ou fillos menores e/ou menores en acollida, exclusivamente ao seu cargo, un espazo e un tempo desligado da súa situación habitual e no cal poidan intercambiar experiencias a través da convivencia nun espazo de lecer, reforzando o seu vínculo materno-filial nun ambiente de seguridade, respecto e bo trato como modelo de convivencia.
DURACIÓN
As estadías terán unha duración de entre 7 e 10 días, en réxime de pensión completa, e desenvolveranse preferentemente entre finais do mes de xuño e principios do mes de setembro.
CONDICIÓNS ECONÓMICAS
Os gastos de aloxamento, en réxime de pensión completa, traslado de ida e volta desde o seu concello de residencia, equipo de monitoras/es e actividades complementarias serán gratuítos para as persoas beneficiarias, e serán por conta da Secretaría Xeral de Igualdade.
PRAZO E SOLICITUDE
O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (1 de abril de 2019). Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da súa publicación. Se o último día de prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que expira o último día do mes.
REQUISITOS DAS PERSOAS BENEFICIARIAS
a) Ter fillas ou fillos menores e/ou menores en acollida, exclusivamente ao seu cargo e con idades comprendidas entre os 2 e os 12 anos.
b) Non convivir con parella efectiva.
c) Estar empadroada e ter residencia efectiva en calquera dos concellos da CA de Galicia. No caso das mulleres estranxeiras, tamén será necesario ter permiso de residencia e traballo.
d) Que os ingresos brutos mensuais da solicitante non superen o límite do importe de 1,5 veces o IPREM vixente.
e) Non padecer ela, nin as fillas/os menores e/ou menores en acollida que a acompañen, unha enfermidade que requira illamento e/ou que impida a normal convivencia.
Comentarios