Os Centros de Información á Muller estrean servizo de Teletraducción


Trece Centros de Información á Muller da provincia de Pontevedra serán os primeiros en incorporar o servizo de teledraducción, que ofrece sen custe a Secretaría Xeral da Igualdade, para mellorar a atención das mulleres e vítimas de violencia de xénero inmigrantes. Trátase dos CIMs de Pontevedra, Poio, Silleda, A Lama, Vigo, Porriño, Gondomar, Moaña, Soutomaior, Redondela, O Grove, Cambados e Pontecaldelas, que contarán cun novidoso sistema de teletraducción a 51 idiomas.

O servizo entrará en funcionamento ao abeiro dos convenios de colaboración entre Igualdade e os respectivos concellos asinados a semán pasada nas delegacións da Xunta de Galicia en Pontevedra e Vigo, con asistencia da titular de Igualdade da Xunta, Susana López Abella; os delegados territoriais da Xunta, José Manuel Cores Tourís e Lucía Molares, e representantes de once dos concellos implicados na iniciativa.

Está prevista para as vindeiras semanas a sinatura dos correspondentes ás provincias da Coruña, Ourense e Lugo, ampliando deste xeito o sistema a toda a comunidade autónoma.

Tras acreditar a utilidade da teletraducción aplicada ao Teléfono de Información á Muller durante un ano, Igualdade decidíu facela extensiva á rede de CIMs de Galicia, ás casas de acollida que asisten ás vítimas de violencia de xénero e ás entidades e ONGs que desenvolven a súa actividade solidaria neste eido, ás que se comunicou o pasado mes de setembro a posibilidade de adherirse sen coste algún.

En resposta a este ofrecemento da Administración autonómica, un total de 45 CIMs das catro provincias manifestaron ata o de agora o seu interese en adherirse ao sistema, que sigue aberto para os que no futuro desexen incorporarse.

Unha comunicación verbal eficaz, determinante nos casos de violencia de xénero

As novas características poboacionais derivadas da inmigración motivaron á Administración autonómica a mellorar as técnicas para unha eficaz atención ás usuarias, con independencia da súa lingua. A teletraducción está pensada para dar apoio a unha parte da poboación que ten dificultades engadidas para acceder aos recursos existentes, formada polas mulleres inmigrantes residentes en Galicia, e ten entre as principais vantanxes reducir o estrés producido pola barreira idiomática e facilitar unha comunicación verbal máis eficaz, que resulta determinante nos casos de consulta por violencia de xénero.

A través da plataforma de teletraducción, estas mulleres terán a seguridade dun acceso axeitado á información e aos recursos dispoñibles, sobre atención psicolóxica, prestacións económicas, centros de acollida ou asesoramento xurídico. O sistema permite ás usuarias comunicarse telefónicamente cunha intérprete, desde calquera centro no que se atopen, ben sexa un CIM, unha casa de acollida ou calquera entidade adherida; así como o establecemento de chamada a tres, para que interactúen a usuaria, a persoa profesional da entidade e a intérprete.

Durante o seu primeiro ano de funcionamento no Teléfono de Información á Muller de Galicia os idiomas máis demandados foron o romanés, o chinés e o árabe.

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

MEDIDAS DE PREVENCIÓN PARA FACER FRONTE Á CRISE SANITARIA OCASIONADA POLO COVID-19 EN RELACIÓN COA CHEGADA Á COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA DE PERSOAS PROCEDENTES DOUTROS TERRITORIOS