ÁNGELES CASO: PREMIO PLANETA 2009




A novela premiada con 601.000 euros conta a historia dunha caboverdiana que viaxa por Portugal e España.

Virxinia Évora era o seudónimo baixo o que se escondía a escritora Ángeles Caso (Xixón, 1959). A escritora asturiana é a gañadora da 58 edición do Premio Planeta, dotado con 601.000 euros e o fallo tivo lugar durante unha cea literaria celebrada no Pazo de Congresos de Cataluña e a que asistiron, entre outras autoridades, os ministros de Cultura, Ángeles González Sinde, e Educación, Ángel Gabilondo. O finalista foi o malagueño Emilio Calderón, que embolsará 150.250 euros. Ángeles Caso presentou a súa obra, unha das 492 presentadas este ano, co título de "El viaje" e nela narra a historia dunha xoven de Cabo Verde que despois de moitos infortunios viaxa primeiro a Portugal y despois a España. Caso xa fora finalista deste galardón en 1994 con "El peso de las sombras" , un ano no que o galardón o levou Camilo José Cela coa polémica "La cruz de San Andrés" . Naquela ocasión as vendas da finalista foran mellores que as da obra gañadora.

O pasado 21 de setembro, durante un obradoiro literario celebrado en Segovia sobre "Paraíso inhabitado" , a última obra de Ana María Matute, Ángeles Caso comentara que estaba a preparar un libro sobre a emigración, co caso dunha amiga de Cabo Verde, e que se trataba dunha novela na que aborda «a tremenda loita que teñen que levar estas heroínas do seculo XXI, pra non morrer, dende que nacen, primeiro nos seus países tan pobres, y despois nun ámbito tan complexo coma é o noso e no da parella, que tamén é moi duro». A escritora evocou no seu seudónimo a outra figura de Cabo Verde como é a cantante Cesárea Évora.

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA