OUTONO NAS TERMAS





PROGRAMA DE BALNEARIOS PARA MULLERES GALEGAS


EN QUE CONSISTE?

Trátase dun programa especial cofinanciado nun 50% pola Secretaría Xeral para o Turismo e a Secretaría Xeral de Igualdade dirixido a mulleres da Comunidade Autónoma de Galicia coa finalidade de promover a participación das diferentes asociacións de mulleres en estadías en balnearios galegos durante o mes de novembro.

Galicia é un destino termal de calidade e a través de programas como este, poténciase a concienciación e increméntase a participación de mulleres no turismo e do coñecemento da nosa rexión.

QUEN PODE ACCEDER AO PROGRAMA?

Mulleres que participan nalgunha asociación de mulleres de Galicia.

CANDO SE DESENVOLVERÁ O PROGRAMA?

Durante o mes de novembro.

CUSTO

O programa está financiado ao 50%, colaboran 7 hoteis balneario de Galicia e consta de dous días de estadía en réxime de media pensión e tratamentos termais específicos.

RESERVAS

Durante todo o mes de novembro. Prazas limitadas por rigurosa orde de inscrición.

INFORMACIÓN

981 545 351
outononastermas@xunta.es
Fax: 981 957 488

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA