DÍA MUNDIAL CONTRA O CANCRO DE MAMA



O Día Mundial do Cancro de Mama é hoxe, o 19 de outubro, e o que se tenta nesta data é facer tomar conciencia a todas as mulleres de que canto máis cedo se realiza un diagnóstico máis posibilidades haberá de erradicar a enfermidade do corpo.

Neste día insistese en que un diagnóstico a tempo é a mellor solución para as doentes, porque segundo a Organización Mundial da Saude (OMS), cada 30 segundos nalgun lugar do mundo diagnosticase un cancro de mama. En España, cada ano detectanse cerca de 16.000 novos casos deste tipo de cancro. As campañas de detección precoz, os programas de mamografías e o progresivo envellecemento da poboación teñen moito que ver con isto.

Coincidindo coa celebración en todo o mundo do Día do Cancro de Mama, a Asociación Española contra o Cancro (AECC) e o resto de organizacións de doentes queren lembrar que éste é un tumor que pode detectarse a tempo, e "Faite unha mamografía" é o eslogan escollido por esta asociación. Mentras que a Federación Española do Cancro de Mama (FECMA) sinala que "un diagnóstico precoz é hoxe o mellor camiño para conseguir unha diminución significativa das peores consecuencias dunha enfermidade tan agresiva".

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA