PROGRAMA EMEGA 2020. SECRETARÍA XERAL DE IGUALDADE


RESOLUCIÓN DO 17 DE XUÑO DE 2020, DA SECRETARÍA XERAL DE IGUALDADE, POLA QUE SE ESTABLECEN AS BASES REGULADORAS DAS AXUDAS DO PROGRAMA EMEGA PARA O FOMENTO DO EMPRENDEMENTO FEMININO EN GALICIA, COFINANCIADAS POLO FONDO SOCIAL EUROPEO.

O programa EMEGA comprende un conxunto de axudas dirixidas a apoiar a posta en marcha, a mellora e a rectivación de iniciativas empresariais constituídas por mulleres, xunto con medidas complementarias para favorecer a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, así como o acceso a servizos específicos de información, asesoramento e orientación empresarial co o obxecto de facilitar a implantación e consolidación dos proxectos empresariais promovidos por mulleres.

Co dito fin, o programa EMEGA comprende as seguintes liñas de axuda:

a) LIÑA EMPRENDE.

Liña de axudas económicas mediante incentivos para promover a posta en marcha de novas iniciativas empresariais e a creación de emprego feminino estable por conta propia e allea.
 
b) LIÑA INNOVA.

Liña de axudas económicas mediante incentivos para promover a implantación de medidas innovadoras para a mellora da competitividade en empresas constituídas por mulleres, e que implique a creación de emprego feminino vinculado ao proxecto de mellora. 

c) LIÑA ACTIVA.

Liña de axudas económicsa mediante incentivos para favorecer a reactivación e consolidación de empresas constituídas por mulleres, a través de medidas de renovación, implantación, ampliación ou cambio de localización da actividade dirixidas a paliar unha situación económica adversa, e que resulten necesarias para o mantemento do emprego por conta propia e por conta allea, así como para acadar o necesario equilibrio empresarial e asegurar a súa pervivencia e consolidación no actual contexto económico, cotexto que se viu agravado pola situación de pandemia polo COVID-19. As ditas medidas non poderán supor, en ningún caso, destrución de emprego existente por conta propia e allea.

 
d) LIÑA ITEF.

Liña de axudas económicas mediante incentivos para impulsar a implantación de iniciativas empresariais de carácter innovador, con contido científico ou con base tecnolóxica, promovidsa por mulleres e que supoñan a creación de emprego feminino estable por conta propia e allea.

e) CONCILIA.

Axuda complementaria das liñas Emprende, Innova, Activa e ITEF para promover a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, nas súas dúas modalidades: Concilia-promotoras e Concilia-persoas traballadoras por conta allea.
Máis información DOG Núm. 133 Luns, 6 de xullo 2020 Páx.26565

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA