SUBVENCIÓNS ÁS ENTIDADES LOCAIS DE GALICIA PARA A PROMOCIÓN DA IGUALDADE, COFINANCIADAS POLO FONDO SOCIAL EUROPEO.


RESOLUCIÓN DO 1 DE SETEMBRO DE 2016, DA SECRETARÍA XERAL DE IGUALDADE, POLA QUE SE ESTABLECEN AS BASES REGULADORAS DAS SUBVENCIÓNS ÁS ENTIDADES LOCAIS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA PARA A PROMOCIÓN DA IGUALDADE, COFINANCIADAS POLO FONDO SOCIAL EUROPEO (FSE) CON CARGO AO PROGRAMA OPERATIVO FSE GALICIA 2014-2020. 2016

Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases reguladoras e proceder á convocatoria no ano 2016 das subvencións ás entidades locais de Galicia, de forma individual ou mediante o sistema de xestión compartida, para o desenvolvemento de programas, actividades, actuacións e medidas para facer efectivo o principio de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, o tratamento integral da violencia de xénero, a conciliación da vida persoal, laboral e familiar, a participación das mulleres na vida política, económica, social e cultural; así como para consolidar o funcionamento de servizos de atención integral de información e asesoramento ás mulleres no territorio, co fin de prestarlles unha atención e acompañamento de proximidade, psicolóxico, xurídico e de orientación sociolaboral ás mulleres, en particular, a aquelas que pertenzan a colectivos en risco de exclusión ou se atopen nakgunha situación de vulnerabilidade, de cara a mellorar a súa situación social, laboral e profesional.
Coa dita finalidade establécense os seguintes programas:

a)   Programa de fomento da conciliación da vida persoal, laboral e familiar (Programa de conciliación).
b)  Programa de prevención e tratamento integral da violencia de xénero (Programa de prevención de violencia de xénero). 
c)   Programa de apoio aos centros de información ás mulleres (en diante, Programa de apoio aos CIM).
Secretaría Xeral da Igualdade
DOG Núm.168  Luns, 5 de setembro de 2016

 

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA