CONSELLO GALEGO DAS MULLERES






DECRETO 157/2012, DO 5 DE XULLO DE 2012, POLO QUE SE DESENVOLVE A LEI 11/2007, DO 27 DE XULLO, GALEGA PARA A PREVENCIÓN E O TRATAMENTO INTEGRAL DA VIOLENCIA DE XÉNERO NO RELATIVO AOS ÓRGANOS CONSULTIVOS DE PARTICIPACIÓN.

CONSELLO GALEGO DAS MULLERES

Natureza, adscrición e fins

É un órgano colexiado e institucional de Galicia, de carácter consultivo, de participación e asesoramento en materia de políticas de igualdade.
Estará adscrito ao órgano da Administración xeral da Comunidade Autónoma competente en materia de igualdade.
O Consello Galego das Mulleres terá os seguintes fins:

a) Ofrecer unha canle de participación efectiva ás mulleres, a través das asociacións e entidades representativas dos seus intereses, no desenvolvemento e aplicación do dereito á igualdade entre mulleres e homes e  a loita contra a discriminación, recollendo as súas reivindicacións e propostas dirixidas á consecución de tales fins.
b) Actuar como interlocutor ante a Administración autonómica e ante calquera institución ou entidade de carácter público ou privado, para o desenvolvemento de políticas públicas e medidas encamiñadas á consecución da igualdade efectiva entre mulleres e homes, e á erradicación da violencia de xénero.
c) Colaborar co goberno da Xunta de Galicia no desenvolvemento e aplicación da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, así como establecer canles estables de interlocución entre a Administración galega e o tecido asociativo de mulleres que busquen o maior consenso posible no deseño das políticas contra a violencia machista.
d) A interlocución coa Xunta de Galicia, a través da consellería competente en materia de traballo e do órgano da Administración xeral da Comunidade Autónoma competente en materia de igualdade no ámbito de emprego e das relacións laborais.
e) A difusión dos valores da igualdade de oportunidades e a defensa dos dereitos e intereses das mulleres para erradicar a discriminación no ámbito do emprego e das relacións laborais.

Funcións

a) Elevar propostas e iniciativas aos poderes públicos galegos, en relacións cos fins que lle son propios, e instalos a que garantan o cumprimento do dereito á igualdade e á non discriminación por razón de sexo en todos os ámbitos cando lle sexan solicitadas.
b) Elaborar informes referidos á situación e perspectivas de igualdade entre mulleres e homes en Galicia e ás medidas necesarias para avanzar nestas materias, por iniciativa propia ou cando lles sexan solicitados por calquera dos órganos da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Propoñer medidas de información e educación aos poderes públicos de Galicia que teñan como obxectivo implicar, orientar, concienciar e sensibilizar a sociedade sobre os valores da igualdade entre mulleres e homes, cando lle sexan solicitadas.
d) Fomentar a comunicación, relación e intercambio entre organizacións de mulleres e outras entidades que teñan como fin a participación social e representación as mulleres.
e) Cooperar con outras entidades ou órganos de participación e representación social da Comunidade Autónoma para promover a adopción de medidas dirixidas á igualdade de mulleres e homes no seu ámbito de acción.
f) Investigar, coñecer e divulgar  a realidade das mulleres galegas, concretamente no ámbito da violencia de xénero, para colaborar de maneira máis efectiva na súa eliminación.
g) Propoñer, se é o caso, a adopción de medidas relacionadas coa igualdade de oportunidades entre mulleres e homes no ámbito do emprego e das relacións laborais.
h) A elaboración por iniciativa propia ou por solicitude da Xunta de Galicia a través da consellería competente en materia de traballo e do órgano da Administración xeral da Comunidade Autónoma competente en materia de igualdade, de estudos, informes ou consultas no ámbito do emprego e das relacións laborais.
i)  A colaboración coa Comisión Consultiva Autonómica para a Igualdade entre Mulleres e Homes na Negociación Colectiva no desenvolvemento de todas as funcións que lle son atribuídas polo artigo 22 da Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia.

Composición

a) Presidencia: a persoa titular do órgano da Administración xeral da comunidade autónoma competente en materia de igualdade.
b) Vicepresidencia primeira: a persoa titular da Subdirección Xeral, ou órgano administrativo equivalente, competente en materia de promoción da igualdade.
c) Vicepresidencia segunda: a persoa elixida por e entre as persoas que exerzan as vogalías en representación das asociacións de mulleres e federacións constituídas por estas.
d)  Vogais:
1. A persoa titular da Secretaría Xeral Técnica, en representación de cada unha das consellerías da Xunta de Galicia.
2. A persoa titular de cada un dos órganos superiores da Presidencia da Xunta de Galicia.
3.Quince persoas, en representación das asociacións de mulleres e federacións constituídas por estas cuxo ámbito de actuación estea dentro da Comunidade Autónoma de Galicia.
4. Tres vogais en represntación das organizacións empresariais intersectoriais galegas máis representativas.
5. Un/unha vogal en representación de cada unha das organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación das Administracións Públicas.
6. Un/unha representante da Fegamp.
Secretaría: corresponderalle a un/unha funcionario/a do órgano da Administración Xeral da Comunidade Autónoma competente en materia de igualdade, con nivel mínimo de xefe/a de servizo, designado/a pola Presidencia do Consello Galego das Mulleres, que a exercerá con voz e sen voto.

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA