AXUDAS A PEMES EN MATERIA DE TRABALLO EN IGUALDADE DAS MULLERES DE GALICIA
 
             Esta orde ten por obxecto establecer as  bases reguladoras para a concesión das axudas dirixidas ao fomento da  implantación de plans de igualdade, para a eliminación da  infrarrepresentación feminina e para a garantía e mellora do dereito á  conciliación da vida familiar e laboral en pequenas e medianas empresas  (pemes).          As actuacións subvencionables desagréganse nas seguintes liñas de actuación:     Liña I: Axudas para a implantación de  plans de igualdade nos termos e nos ámbitos definidos na Lei 2/2007, de  traballo en igualdade das mulleres de Galicia, tanto de xeito voluntario  como en cumprimento da obriga establecida nun convenio colectivo de  ámbito superior á empresa. Por tanto, non será de aplicación ás empresas  coa obriga legal de implantar plans de igualdade, segundo o establecido  no artigo 45.2 da Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo.     Liña II: Axudas para investimentos  tendentes á eliminación da infrarrepresentación feminina nos eidos...
 
 
 
