PLAN INTEGRAL DE LOITA CONTRA A TRATA DE MULLERES E NENAS CON FINS DE EXPLOTACIÓN SEXUAL



  
  O Plan Integral de Loita contra a Trata de Mulleres e Nenas con Fins de Explotación Sexual 2015-2018, foi aprobado mediante Acordo do Consello de Ministros do 18 de setembro de 2015 e presentado polo Ministro de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, o día 23 de setembro, coincidindo coa conmemoración do Día Internacional contra a Explotación Sexual e o Tráfico de
Mulleres, Nenas e Nenos.

  O Plan enmárcase na Estratexia Nacional pra Erradicación da
Violencia contra a Muller (2013-2016), que recolle o compromiso dos poderes
públicos pra rematar coa violencia exercida sobre as mulleres polo mero
feito de selo, e incorpora, por primeira vez, medidas dirixidas a avanzar na
erradicación de todas as formas de violencia contra a muller, facendo especial
fincapé na necesidade de que a trata de mulleres e nenas con fins de explotación sexual sexa abordada de maneira específica.  

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA