Entradas

CREADORAS

Imagen
Dende o CIM desexámosvos unhas Felices Festas!! Carmen e Anxos

Programa de atención ás mulleres en situación de vulnerabilidade

Imagen

TEMOS UN CAFÉ PENDENTE PARA TI

Imagen
Un dos obxectivos xerais da Concellería responsable do área de Igualdade do Concello de Silleda é dar resposta ás necesidades das mulleres que se encontran en situación de especial vulnerabilidade, impulsar a súa participación e tomar en consideración as súas necesidades específicas. A actual crise económica e social converteu ás mulleres no obxectivo máis exposto ás situacións de precariedade e risco social. Neste escenario, como medida de apoio urxente e coa finalidade   de colaborar á cobertura das necesidades básicas de alimentación, o CIM de Silleda proporcionará durante o mes de decembro dez almorzos diarios a mulleres que se atopen   en situación de especial vulnerabilidade e familiares ao seu cargo. Temos un café pendente para ti

SETE MÁIS UNHA PELÍCULAS. CINE E VIOLENCIA DE XÉNERO.

Imagen
 "A MULLER NO CINE"   UPALUSA COMUNICACIÓNS AUDIOVISUAIS  ASOCIACIÓN DE MULLERES DE SILLEDA  LOCALES VIVENDAS SOCIAIS              21 NOVEMBRO, 17:00 HORAS Ao falar de cine quixéramos subliñar a súa importancia como un axente socializador     de gran potencia porque mostra modelos de comportamento, produce reaccións, transmite crenzas e valores. Durante algún tempo considerouse como o máximo exponente da fuxida da realidade. Con todo, son moitas as persoas que agora o consideran como testigo do mundo e, neste sentido, convértese nun espello onde se reflicte a realidade social. As películas fan algo máis que entreter: ofrecen visións do mundo, mobilizan desexos e sensacións, inflúen nas nosas posi cións e percepcións da realidade e axúdannos a construír a sociedade. O obxectivo que nos plantexamos supón ref...

MÁIS VIOLETA

Imagen
No que vai de ano son xa 42 as mulleres mortas polos seus maridos ou parellas, ou por quenes o foron, ou por quenes aspiraban a convertirse en tales e víronse rexeitados. Para non esquecer... CONCENTRACIÓN DE CONDENA Á VIOLENCIA DE XÉNERO 25 DE NOVEMBRO 12:00 HORAS SEDE CIM CONCELLO DE SILLEDA Chousa Nova, 67 Cubriremos de violeta o noso xardín

ENFERMIDADE DE ALZHEIMER

Imagen
A Deputación de Pontevedra en colaboración coa Fundación Colexio Médico de Pontevedra e a Concellería de Benestar Social e Igualdade do Concello de Silleda poñen en marcha unha conferencia informativa sobre a enfermidade de Alzheimer, que terá lugar o 20 de novembro ás 18:00 horas, no Centro Social dos maiores de Silleda. O neurólogo  do Complexo Hospitalario de Pontevedra, o doutor  Manuel Seijo Martínez, será o relator da conferencia na que se abordarán as particularidades médicas e sociais que rodean a enfermidade de Alzheimer.

25 DE NOVEMBRO. E TI QUE DIS?

Imagen
  TODAS E TODOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO Deixa a túa  mensaxe nos nosos muros, utilízaos como se fosen de papel, como medio e soporte no que todas e todos expresemos os nosos sentimentos comúns cara a violencia de xénero. Ao longo da semán esperamos as vosas frases, citas, reflexións, debuxos, pensamentos... Hoxe están así de baleiros . Démoslle vida creando un universo vasto de imaxes, textos, pensamentos, demandas, liberdades e dereitos. Achégate ao CIM a deixar a túa mensaxe ou usa o noso muro do facebook. TODAS E TODOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO