TEMOS UN CAFÉ PENDENTE PARA TI




Un dos obxectivos xerais da Concellería responsable do área de Igualdade do Concello de Silleda é dar resposta ás necesidades das mulleres que se encontran en situación de especial vulnerabilidade, impulsar a súa participación e tomar en consideración as súas necesidades específicas.

A actual crise económica e social converteu ás mulleres no obxectivo máis exposto ás situacións de precariedade e risco social.

Neste escenario, como medida de apoio urxente e coa finalidade  de colaborar á cobertura das necesidades básicas de alimentación, o CIM de Silleda proporcionará durante o mes de decembro dez almorzos diarios a mulleres que se atopen  en situación de especial vulnerabilidade e familiares ao seu cargo.

Temos un café pendente para ti

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

MEDIDAS DE PREVENCIÓN PARA FACER FRONTE Á CRISE SANITARIA OCASIONADA POLO COVID-19 EN RELACIÓN COA CHEGADA Á COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA DE PERSOAS PROCEDENTES DOUTROS TERRITORIOS