II Plan de Igualdade do Concello de Silleda

No último pleno don Concello de Silleda, celebrado o pasado xoves 26 de marzo, aprobouse o II Plan de Igualdade de Oportunidades 2009-2013.
O plan está integrado por un total de sete áreas que se consideran de prioritaria intervención. As áreas son as seguintes:

1. Información, comunicación e sensibilización na igualdade de oportunidades.
2. Educación, cultura e deporte.
3. Calidade de vida.
4. Formación, emprego e conciliación da vida laboral.
5. Participación e asociacionismo.
6. Benestar e inclusión social.
7. Violencia de xénero.

Este plan ten en conta os resultados do plan anterior e, por iso, retoma e dálles continuidade a algunha das actuacións comprometidas e emprendidas, xa que o obxetivo polo que foron acordadas as ditas actuacións aínda está por acadar.
Unha das principais características do II Plan de Igualdade do Concello de Silleda é que se trata dun plan consensuado no eido institucional, feito á medida das necesidades dunha sciedade cada día máis cambiante, e preséntase como a ferramenta básica que guíe o camiño que permitirá seguir avanzando nos próximos catro anos cara a plena igualdade das mulleres e homes do nos concello.

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA