CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS DESTINADAS Á PROMOCIÓN DAS MULLERES DO MEDIO RURAL

RESOLUCIÓN DO 8 DE ABRIL DO 2009, DA SECRETARÍA DE ESTADO DO MEDIO RURAL E AUGA, POLA QUE SE PUBLICA, PARA O EXERCICIO 2009, A CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS DESTINADAS Á PROMOCIÓN DAS MULLERES DO MEDIO RURAL





BENEFICIARIAS DAS AXUDAS

Asociacións, fundacións, federacións e outras agrupacións de mulleres do medio rural, legalmente constituidas como tales e inscritas no correspondente Rexistro Público, sen ánimo de lucro, de ámbito estatal e que realicen proxectos para a promoción da muller rural.

ACTIVIDADES SUBVENCIONABLES

a) Promoción e asesoramento para a creación de empresas innovadoras de producción agraria primaria no medio rural, que poidan proporcionar novos empregos ocupados maioritariamente por mulleres. Os principais ámbitos de actuación serán a utilización de productos ociosos o subempregados, a incorporación de valor aos productos agrarios e a búsqueda de salidas no mercado para os mesmos, a utilización de novas tecnoloxías, así como a contribución á diversificación económica da zona e a prestación de servizos que faciliten a conciliación da vida laboral e familiar.
b) Realización de estudios con enfoque de xénero no medio rural.
c) Asistencia a foros de intercambio de coñecementos ou actividades similares, tanto de ámbito nacional como internacional, que contemplen específicamente a situación da muller no medio rural.

SOLICITUDE DA SUBVENCIÓN E PRAZO DE PRESENTACIÓN

As solicitudes dirixiranse o “Director General de Desarrollo Sostenible del Madio Rural”, e presentaranse no Rexistro do “Ministerio del Medio Ambiente y Medio Rural y Marino”, o en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4 da lei 30/92 de, de 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e Procedemento Administrativo Común.
As solicitudes presentaranse no prazo de 15 días a partir do seguinte ao da publicación da presente resolución no “Boletín Oficial del Estado” (data da publicación Sábado 2 de maio)

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA