"PREMIOS IRENE: La paz empieza en casa" 2009



O Ministerio de Educación e Ciencia creou no ano 2006 os "Premios Irene: La paz empieza en casa", co obxeto de previr a violencia contra as mulleres e promover a igualdade real entre mulleres e homes, mediante o impulso de experiencias e propostas que desenrolen esta finalidade.

Premiaranse experiencias educativas, materiais curriculares e de apoio, así como aqueles traballos innovadores que contribuíran a previr e erradicar as conductas violentas e a promover a igualdade e a cultura da paz, co obxetivo de desenrolar estratexias de convivencia igualitaria entre homes e mulleres. Ditas experiencias deberanse ter realizado durante as duas anteriores a esta convocatoria e contar coa aplicación práctica nas aulas.

Participantes
Profesores/as e profesionais da educación que exerzan a súa actividade en centros de ensinanza españois financiados con fondos públicos, que estiveran en activo durante a realización da experiencia ou actividade que se presenta a concurso.

Dotación económica
Primeiro premio: 10.000 euros
2 Segundos premios: 5.000 euros
3 Terceiros premios: 2.000 euros

Solicitude e presentación dos traballos
Os traballos serán orixinais e inéditos. Deberán presentarse obrigatoriamente a solicitude, a memoria e un resumo do traballo (non deberá superar a extensión de 30 páxinas).
Para a súa presentación ofrecense 3 vías:
a) A través do Rexistro do Ministerio de Educación (c/Los MAdrazos, 15-17, Madrid 28014)
b) A través da oficina virtual do Ministerio de Educación á que se accede a partir da páxina web de premios do CIDE (www.educacion.es/cide/premios).
c) Procedemento mixto segundo o que se accede en primeiro lugar á oficina virtual do Ministerio de Educación a través da páxina web de premios do CIDE (www.educacion.es/cide/premios): cumplimentarase o formulario de solicitude correspondente á convocatoria 2009. A continuación imprimirase en papel e presentarase no rexistro do Ministerio de Educación.

Prazo
Finaliza o 10 de xullo

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA