Actuacións do SGI (Servizo Galego de Igualdade) cofinanciadas polo FSE (Fondo Social Europeo)

O Fondo Social Europeo (FSE) é un instrumento financeiro da Unión Europea creado para "contribuír ao desenvolvemento do emprego impulsando a empregabilidade, o espírito de empresa, a adaptabilidade, a igualdade de oportunidades e o investimento en recursos humanos".
A programación do Servizo Galego de Igualdade (SGI) contén un amplo abano de accións cofinanciadas polo FSE e que se resumen nas seguintes áreas:

  • Cooperación: axudas a entidades locais para a creación e mantemento de Centros de Información ás Mulleres, con funcións de asesoramento laboral, formación profesional, recursos para o acceso ao mercado de traballo e tamén información sobre recursos e servizos para a atención en casos de malos tratos, discriminacións por cuestións de sexo, etc. co obxectivo último de acadar a plena intengración das mulleres.
  • Fomento do emprendemento: programas con varias liñas de axudas:

- axudas a mulleres para a posta en marcha de iniciativas empresariais.

- axudas a empresas lideradas por mulleres para a posta en marcha de

modelos empresariais innovadores.

- axudas para o acceso das mulleres á cotitularidade de explotacións

agrarias.

- axudas ás empresas de mulleres para a titorización no seu proxecto,

consistente en asistencia, acompañamento e asesoramento para a mellora

da súa actividade empresarial.

- axudas ás empresas para facilitar a formación de expertas e a

transferencia e coñecemento de experiancias noutros territorios.

  • Fomento da inserción das vítimas de violencia ou en situación de exclusión social: subvencións a centros e a programas de atención específica a mulleres.
  • Formación: axudas á formación profesional para mulleres para a inserción, reinserción, promoción ou reciclaxe profesional, para acadar unha cuantificación e cualificación do emprego feminino.
  • Difusión e sensibilización: ectuacións de difusión e axudas a asociacións para actividades de promoción das mulleres en todos os eidos.

As actuacións cofinanciadas polos Fondos deben contribuír a eliminar as desigualdades e promover a igualdade entre as mulleres e os homes con efecto demostrable antes, durante e despois da súa posta en marcha.

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA