RESOLUCIÓN POLA QUE SE CONVOCAN ESTADÍAS DE TEMPO LIBRE PARA MULLERES SOAS CON RESPONSABILIDADES FAMILIARES NON COMPARTIDAS





Esta resolución ten por obxecto facilitarlles ás mulleres que teñan fillas ou fillos menores exclusivamente ao seu cargo un espazo e un tempo desligado da súa situación habitual e no cal poidan intercambiar experiencias a través da convivencia nun espazo de lecer.


Convócase ata un máximo de 95 prazas para mulleres con fillas e /ou fillos ao seu cargo, residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.


As estadías serán de oito días (sete noites) en réxime de pensión completa, preferentemente entre o 20 de agosto e o 10 de setembro.


Os gastos de aloxamento, manutención, monitoras e transporte desde o seu concello de orixe serán gratuítos para as persoas beneficiarias, e correrán por conta do Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller.


Requisitos:


  • Mulleres con fillas e/ou fillos a cargo exclusivamente con idades comprendidas entre os 2 e 12 anos.

  • Estar domiciliadas na Comunidade Autónoma de Galicia.

  • Dispoñer unha renda que, tendo en conta todos os ingresos do conxunto da unidade familiar, divididos polo número de membros que a compoñen, nonm supere o salario mínimo interprofesional (SMI).

  • Non padecer ela, nin as fillas e /ou fillos que a acompañen enfermidade que requira illamento e/ou que impida a normal convivencia.

O prazo de admisión de solicitudes será de dez días a contar dende o 16 de xuño.

Para máis información:

CIM SILLEDA

Avda do Parque nº67

Tlf: 986.59.20.37

email: cim.silleda@gmail.com



Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA