PROGRAMA EMEGA 2009

PROGRAMA EMEGA



FINALIDADE E RÉXIME DAS AXUDAS

Apoiar o emprendemento feminino e a consolidación de proxectos empresariais liderados por mulleres como medio axeitado para a súa promoción, participación e progresión no mercado laboral a través das seguintes áreas de actuación:

-Área de actuación I: apoio á posta en marcha de iniciativas empresariais por mulleres.
-Área de actuación II: apoio á mellora de proxectos empresariais liderados por mulleres.


BENEFICIARIAS

Área de actuación I

a) Mulleres que creen o seu propio posto de traballo partindo dunha situación de desemprego ou inactividade establecéndose como empresarias autónomas ou sociedades unipersonais.
b) Que constitúan microempresas ou pequenas empresas baixo calquera forma societaria incluídas as sociedades civís e comunidades de bens, sempre que:
-Se creen na empresa os postos de traballo de todas as socias ou emprendedoras.
-Polo menos o 50% das mulleres que constitúen a empresa estiveran en situación de desemprego ou inactividade inmediatamente anterior ao inicio da actividade.
-A administración sexa ejercida unicamente por mulleres.
-O capital social pertenza unicamente a mulleres cando se trata de microempresas, ou que maioritariamente estea subscrito por mulleres no caso de pequenas empresas.

c) Que o inicio da actividade empresarial teña lugar entre o 1 de marzo de 2008 e a data de finalización de solicitudes.










d) Que realicen un investimento mínimo de 3.000 euroa ou ben que creen un posto de traballo de carácter indefinido para unha muller. Quedan exceptuadas do cumprimento destes requisitos as iniciativas para a posta en marcha de empresas dedicadas á prestación de servizos de conciliación.
e) Que realicen as actuacións obxecto de subvención e cumpran os demais requisitos e obrigas establecidas.


Área de actuación II

Empresarias autónomas, microempresa e pequenas empresas que:

a) Acrediten o cumprimento das condicións sobre o capital social e a administración da empresa establecidas no apartado anterior.
b) Acrediten actividade empresarial, no mesmo sector para o que se proxecta a mellora, ininterrumpida entre 2 o 5 anos na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
c) Non recibisen con anterioridade axudas dos programas Emega para creción de empresas.
d) Realicen un investimento mínimo de 3.000 euros.
e) Presenten un proxecto de mellora empresarial que supoña a integración na empresa polo menos dunha muller con capacitación profesional media ou superior e que a contratación se vincule ás accións do proxecto de mellora.
f) O proxecto se matarialice a través dalgunha das seguintes accións:
- Proxectos de aplicación de novas fórmulas de produción e /ou distribución.
- Proxectos de diversificación de produción e/ou da oferta de produtos ou servizos no marco da mellora da calidade.
- Proxecto de reformulación empresarial para a achega ao mercado de produtos e /ou servizos innovadores ou de especial singularidade
g) Que realicen as actuacións obxecto de subvención.


PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Un mes cotado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOGA (DOGA nº159, publicado o 14 de agosto de 2009).

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA