VII Concurso de Cartas: "DILLO A QUEN MALTRATA"



A Oficina de Igualdade do Concello de Lalin, co fin de promover a reflexión sobre a problemática da "violencia de xénero" nas súas diferentes manifestacións física, psicolóxica, sexual, económica, estructural,... así coma os efectos e consecuencias da mesma, invita a participar no VII Concurso de Cartas "Dillo a quen maltrata" 2009.

BASES DE PARTICIPACIÓN

1. Poderán participar todas as persoas que o desexen. Cada participane poderá enviar un máximo de tres cartas.

2. As cartas deberán ir acompañadas da ficha de inscrición que se xunta, e entregaranse ou enviaranse por correo ordinario ou correo electrónico á:

Oficina de Igualdade
Rúa Castelao, nº 4 - baixo
36500 Lalin (Pontevedra)
Tlf./Fax: 986.78.23.52
igualdade@lalin.org

3. A temática á que deben axustarse os traballos é: “A violencia de xénero”

4. Os traballos presentaranse en galego ou castelán e terán unha extensión máxima de dous folios, escritos por unha soa cara a dobre espazo, preferiblemente en letra Times New Roman, tamaño 12 e formato DIN A4.

5. Todos os traballos que se presenten deberán ser orixinais, inéditos e non presentados en anteriores concursos.

6. Os criterios de valoración para elixir ás persoas premiadas serán os seguintes: contido e tratamento do tema, orixinalidade, expresión e presentación en xeral.

7. O prazo para a presentación das cartas remata o luns 16 de novembro.

8. A organización do concurso procederá á preselección de vinte cartas. Os orixinais quedarán en poder da Oficina de Igualdade, que se reserva o dereito para a súa
publicación, exposición, doazón,… ou calquera outro tratamento posterior,
sempre sen ánimo de lucro.

9. Das vinte cartas preseleccionadas, un xurado decidirá cales son as tres
finalistas, e concederá tres premios dotados cun diploma acreditativo, e
as seguintes cantidades:
1º premio 150 €
2º premio 100 €
3º premio 50 €

10. Os premios daranse a coñecer en acto público ao que deberán asistir , se
é posible, as persoas gañadoras, que serán avisadas con antelación.

11. As cartas divulgaranse a través dos medios de comunicación locais.

12. As persoas participantes serán as únicas responsables do contido das
súas cartas en canto a esixencias legais de dereitos de autoría ou plaxios,
segundo as leis vixentes. Cada participante, polo mero feito de
participar, acepta estas bases. Calquera outra circunstancia non prevista nas mesmas, será resolta polo xurado, e as súas decisións serán inapelables.

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA