MESA LOCAL PARA A ERRADICACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO DO CONCELLO DE SILLEDA



Onte, mércores 16 de decembro, ás 17:00 horas tivo lugar unha nova reunión da Mesa para a Erradicación da Violencia de Xénero de Silleda. Nesta ocasión tratáronse os seguintes asuntos:

1. Designación da nova Presidenta e Secretaria da Mesa.
2. Programación anual e calendarios de actuación en materia de violencia de xénero do Concello de Silleda para o ano 2010.

A proposta de programación do centro de información ás mulleres de Silleda foi a seguinte:

- En materia de Prevención e Sensibilización:
1. Usar os medios informáticos para realizar campañas de sensibilización social sobre a violencia contra as mulleres.
2. Organización dun curso en materia de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes dirixido ás concelleiras e concelleiros.
3. Realización de obradoiros de prevención de violencia nos institutos de secundaria.
4. Conmemoración do día internacional para a Eliminación da Violencia contra as mulleres.

- En materia de Detección e Atención:
1. Integrar as estratexias de traballo a favor das mulleres vítimas de violencia, armonizando os Servizos Sociais municipais e programando encontros periódicos das e dos profesionais que interveñen nestes temas.
2. Elaborar un protocolo de actuación a fin de coordinar as actuacións das distintas Institucións que forman parte da MEsa, para facilitar a detección das posibles vítimas de violencia así como para lograr unha atención integral e integrada.
3. Programa de axudas económicas de urxencia que ten por finalidade ofrecer recursos económicos para cubrir necesidades básicas cando a vítima non pode acceder inmediatamente a outras axudas.
4. Facilitar o acceso e desprazamento os recursos das mulleres vítimas de violencia.
5. Programa de fomento da autoestima e manexo do estres para mulleres, fillos e fillas, vítimas de violencia.

- En materia de Integración e Inserción Social:
1. Darlle preferencia ás vítimas de malos tratos no acceso aos diferentes programas municipais existentes.
2. Incrementar a formación e orientación laboral nas mulleres vítimas de violencia.
3. Contactar co empresariado para lembrarlle as medidas e incentivos existentes para favorecer a contratación de mulleres.

Coma sempre, agradecemos a todos os membros da Mesa a súa participación.

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA