RESIDENCIA TEMPORAL E TRABALLO DE MULLERES ESTRANXEIRAS VÍTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO




Lei Orgánica 2/2009, de 11 de decembro, de reforma da lei orgánica 4/2000, de 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social.

ARTÍCULO 31 BIS.Residencia temporal e traballo de mulleres estranxeiras

1. As mulleres estranxeiras vítimas de violencia de xénero, calquera que sexa a súa situación administrativa, teñen garantizados os dereitos recoñecidos na Lei Orgánica 1/2004, de 28 de decembro, de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero, así como as medidas de protección e seguridade establecidas na lexislación vixente.

2. Si ao denunciarse unha situación de violencia de xénero contra unha muller estranxeira puxérase de manifiesto a súa situación irregular, o expediente administrativo sancionador incoado por infracción do artigo 53.1.a) desta lei será suspendido polo instructor ata a resolución do procedemento penal.


3. A muller estranxeira que se encontre na situación descrita no apartado anterior, poderá solicitar unha autorización de residencia e traballo por circunstancias excepcionais a partir do momento no que se dicte unha orde de protección ao seu favor ou, no seu defecto, informe do Ministerio Fiscal no que se indique a existencia de indicios de violencia de xénero.Dita autorización non se resolverá ata que termine o procedemento penal. Sin perxuizo do anterior, a autoridade competente para otorgar a autorización por circunstancias excepcionais de residencia e traballo a favor da muller estranxeira poderá conceder unha autorización provisional de residencia e traballo a favor da muller estranxeira. A autorización provisional eventualmente concedida concluirá no momento no que se conceda o denegue definitivamente a autorización por circunstancias excepcionais.

4. Cando o procedemento penal concluira cunha sentencia condenatoria, notificarase a
interesada a concesión da residencia temporal e de traballo solicitado. No suposto de que non se solicitara, se lle informará da posibilidade de conceder ao seu favor unha autorización de residencia e traballo por circunstancias excepcionais otorgándolle un prazo para a súa solicitude.

Cando do procedemento penal concluido non podera deducirse a situación de violencia de xénero, continuará o expedente administrativo sancionador inicialmente suspendido.

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA