2010: ANO DO LIBRO E DA LECTURA



Consciente do valor estratéxico do libro como instrumento para a expresión do dereito á creación, a promoción e a divulgación da cultura, da historia e da lingua de Galicia, o Consello da Xunta acordou declarar o ano 2010 como Ano do Libro e da Lectura de Galicia, e invitar a todos os galegos a participar nos distintos actos que se realicen nesta celebración.

Procurouse a coincidencia do Xacobeo co Ano do Libro e da Lectura co obxecto de propiciar a complementariedade entre estas dúas celebracións. Sitúase así o libro, a nosa cultura e a nosa lingua, no marco dun acontecemento de enorme proxección exterior como é o Ano Santo.

Neste ano, ademais de potenciar as accións que xa se veñen realizando a prol do libro e da animación á lectura, deseñouse unha programación variada concebida para conseguir unha maior visibilidade do libro e achegalo a toda a cidadanía.

Cun orzamento previsto de 2.850.000 €, a programación inclúe proxectos de animación cultural, congresos e conmemoracións, actividades de promoción e difusión do libro, fomento da lectura e a escrita, así como
iniciativas para a mellora da xestión pública do libro e as bibliotecas.

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA