XACOBEO 2010



Ano Santo Xacobeo 2010 Galicia

Chámase Ano Santo Xacobeo ao ano no que o 25 de xullo (festividade do Apóstolo Santiago) cadra en domingo. Isto sucede con una cadencia regular de 6-5-6-11 anos. Isto supón que cada seculo se celebran catorce anos santos xacobeos. Nestos anos os católicos poden conseguir o xubileo. Os requisitos son os seguintes:

- Visitar a Catedral de Santiago de Compostela, en Galicia, onde segundo a tradición, se atopa a tumba do Apóstolo Santiago.

- Rezar algunha oración (polo menos, o Credo, o Pai noso e pedir polas intencións do Papa). Recoméndase asistir á Misa.

- Recibir os sacramentos da penitencia (pode ser quince días antes ou despois) e da Comunión.

A gracia do xubileo consiste fundamentalmente nunha indulxencia plenaria para o perdón da pena que merecen os pecados.

O primeiro Ano Xubilar foi establecido polo Papa Calixto II no 1126. Os últimos foron 1993, 1999 y 2004. Despois deste Xacobeo 2010 non volverá a celebrarse ata o ano 2021.

A cadencia 6-5-6-11 dos anos xacobeos ten a súa explicación na cadencia dos anos bisestos e no feito de que a semán ten 7 días. Se non houbera anos bisestos teriamos ano xacobeo cada 7 anos.

Tradicionalmente, os períodos de mayor afluencia de peregrinos e visitantes no Camiño coinciden cos Anos Santos Compostelans.

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA