MESA LOCAL PARA A ERRADICACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO

O pasado mércores día 10, ás 17:00, tivo lugar a reunión trimestral da Mesa Local de Coordinación para a Violencia de Xénero. Nesta ocasión os asistentes foron:
- Dona Enriqueta Sanmartín. Xuiza do Xulgado de Primeira Instancia nº1 de Lalín.
- Dona Lucía Muradás. Xefa da Unidade contra a Violencia á Muller.
- Don Francisco Javier Márquez. Sarxento Comandante de Posto da Garda Civil de
Silleda.
- Dona Carmen García. Enfermeira do Centro de Saúde de Silleda.
- Dona Mª del Carmen Carballo Silva. Traballadora Social.
- Dona Ofelia Rey. Alcaldesa do Concello de Silleda.
- Dona Concepción Vazquez. Concelleira de Servizos Sociais e Sanidade.
- Dona Rosa Andrade. Orientadora do Instituto Pintor Colmeiro.
- Dona Carmen Miranda. Asesora xurídica e Directora do CIM.
- Anxos García. Psicóloga do CIM.
Nesta ocasión a reunión xirou sobre a proposta por parte do CIM e os Servizos Socias da elaboración dun protocolo de actuación que coordine as actuacións no proceso asistencial dos diferentes órganos representados na Mesa.
A proposta de protocolo do CIM e Servizos Sociais comprende dous itinerarios diferentes discutíndose o pasado día 10 o itinerario de emerxencia, cuia finalidade é a seguinte:
Facilitar os recursos e accions coordinadas e integrales de atención á muller víctima de violencia no momento de crise, e proporcionar as medidas urxentes e necesarias que posibiliten a resolución dos seus problemas inmediatos.
Na próxima reunión os diferentes sectores aportarán as suás propostas de actuación para integralas todas nun único protocolo.

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA