CENTRO DE RECUPERACIÓN INTEGRAL PARA MULLERES QUE SOFREN VIOLENCIA DE XÉNERO

DECRETO 43/2010, DO 25 DE FEBREIRO, POLO QUE SE ACEPTA A CONCESIÓN
DE DOMINIO PÚBLICO, A TÍTULO GRATUITO, FEITA POLO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA Á CA DE GALICIA SOBRE UN INMOBLE, CON DESTINO A CENTRO DE RECUPERACIÓN INTEGRAL PARA MULLERES QUE SOFREN VIOLENCIA DE XÉNERO


Artigo 1º

Acéptase nos termos establecidos polo Concello de Santiago a concesión, a título gratuíto, do inmoble seguinte:

Parte do edificio de 504,42 metros cuadrados de superficie situado na carballeira de San Lourenzo, que conta con dous accesos independentes, un pola fachada sur e outro pola leste. Conta cunha cuberta de tella curva a catro augas e está composto de dúas plantas, baixa e primeira, de estrutura de formigón armado. Cada unha das plantas ten unha superficie de 252,21 metros cuadrados.

O inmoble forma parte da referencia catastral 6376901NH3467E0001UK, e o soar sobre o que se asenta o edificio está inscrito no Rexistro da Propiedade número 2 de Santiago de Compostela no tomo 166, libro 92, folio 85, do predio 3.450.

Artigo 2º

O destino de inmoble será o establecemento dun centro de recuperación integral para mulleres que sofren violencia de xénero.

Artigo 3º

A Consellería de facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, procederá a formalización da concesión no correspondente documento público

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA